“Os detalles son a esencia dunha boa narración… e dunha vida ben exposta.” César Fernández García, escritor español.
Cada 20 de marzo conmemoramos en todo o mundo o #DíadaNarraciónOral, onde queremos poñer en valor a transmisión oral desas historias que forman parte do noso patrimonio inmaterial como son os contos e fábulas populares. Ese traspaso de xeración en xeración garante a súa viveza e continuidade no tempo.
Hoxe tivemos a grande sorte de poder contar no cole co avó de Icía e Antón. Benito foi quen lles contou a el@s e ás súas compañeiras e compañeiros unha chea de historias onde raposas, cegoñas, aves rapaces, cárabos, lobos, ferreiros, ... e outros moitos personaxes son os protagonistas de fermosas fábulas onde sempre hai unha ensinanza agochada e un punto de humor.
E para rematar o alumnado de cuarto de primaria preguntaronlle pola súa infancia, os seus xoguetes favoritos, como os construía, como era daquelas ir ao cole, que estudaban... e unha morea máis de cuestións que Benito respostou cun grande agarimo e dando unha chea de detalles que o noso alumnado seguro que non esquecerá!
Moitas grazas por acompañarnos esta mañá e converterse nun novo #PisaCharcas do noso centro!
No hay comentarios:
Publicar un comentario