Páginas
Biblioteca escolar
31/3/23
De que trata o amor
28/3/23
Tempo de transplantar
26/3/23
Ciencia e cultura ... Que máis podemos pedir!
O pasado xoves 23 de marzo o alumnado de sexto de EP visitou no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela a quinta edición do Congreso de Innovación na Formación Profesional, FP Innova Galicia 2023.
FP Innova Galicia 2023 é unha magnífica ocasión para coñecer máis de cerca as posibilidades da formación profesional. O noso alumnado experimentou en primeira persoa coas novas tecnoloxías a través da visualización dos proxectos de innovación desenvolvidos nos centros e da participación nos obradoiros que se organizaron sobre hidróxeno verde, ciberseguridade, biotecnoloxía, robótica aplicada, creación de videoxogos, realidade virtual e aumentada, aplicacións móbiles ou impresión dixital, entre outros.
Tamén se mostraron experiencias innovadoras desenvolvidas nos centros a través de proxectos emprendedores, visualizando as miniempresas creadas por alumnado e profesorado de diferentes niveis educativos e outros programas dentro do Plan Eduemprende.
Foi unha mañá chea de aprendizaxes onde puidemos facer distintas experiencias titorizadas polos profesores dos distintos CIFP que alí presentaban as súas dinámicas de traballo.
Aproveitamos o día para tomar un cafeciño … (ía moito frío e choveu a cachón …) e visitamos a Casa de Rosalía, “alma mater” do noso cole. Aprendemos unha chea de cousas sobre a vida e obra da nosa autora de referencia e vimos de primeira man a casa e os aveños que empregou nos seus últimos anos de vida.
25/3/23
Iniciámonos no deseño 3D!!
24/3/23
Cíclope: dos mitos clásicos á boa xestión das finanzas persoais
21/3/23
#NoSomosUnEstereotipo, somos mucho más
Con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down que se celebra o vindeiro martes 21 de marzo, DOWN ESPAÑA lanza a súa nova campaña: #NoSomosUnEstereotipo, somos mucho más. O seu obxectivo é cambiar a forma de ver ás persoas con síndrome de Down, unha forma de miralos que a miúdo está cargada de prexuízos e estereotipos que dificultan a súa inclusión na sociedade.
Xeneralizacións como as de que son todos cariñosos ou uns "angelitos" ou algunhas máis despectivas referidas a que levan unha vida sen aspiracións nin metas, ou a que son persoas inactivas, que representan unha carga familiar, etc… contradinse coa realidade que viven as propias persoas con síndrome de Down hoxe en día. Eles senten que teñen vidas plenas, cargadas de ilusións e proxectos. Por, iso reivindican unha imaxe acorde coa autonomía da que xa gozan, que os dá acceso a unha vida sen límites. (https://www.sindromedown.net/noticia/down-espana-lanza-la-campana-nosomosunestereotipo-somos-mucho-mas-para-el-dia-mundial-del-sindrome-de-down/)
Tatiana no noso cole é unha máis. Unha nena que lle gusta xogar, ter amig@s, saír ao patio, falar c@s compis da clase... e das outras clases tamén!! E unha nena que da moito amor a todo o mundo que lle rodea e que tod@s nós queremos crer que así tamén llo devolvemos! Hoxe, e todos os días, tod@s nós damos o noso apoio ás persoas con síndrome de Down, porque estamos convencid@s (e é un sinal de identidade do noso centro educativo) que a verdadeira inclusión é posible ... e NECESARIA!
18/3/23
Que facen todos estes animaliños no noso cole?
Seguimos coa nosa teima (que comezou xa case fai doce anos) de ter cada día un cole máis "bonito"... Desta volta tocoulle a quenda ás aulas de Educación Infantil que dende hoxe teñen novos protagonistas que lle darán á benvida todos os días ao noso alumnado máis miúdo.
Gran traballo de @J Ozono Art e @o'Ras Deguanteblanco que despois de moitas horas traballando intensamente lograron este resultado espectacular!!
17/3/23
"Se precisas unha man, lembra que eu teño dúas."
Este é o espírito que tod@s s axudantes da nosa Biblioteca Escolar teñen para colaborar co alumnado usuario deste servizo. E temos tres fichaxes novas para botar unha man na nosa Biblioteca Escolar!!!
Inés, Thayná e Xana son as últimas incorporacións ao noso equipo de alumnado colaborador na Biblioteca Escolar. Elas, xunto co resto d@s seus compañeir@s, identificad@s coa súa característica camiseta vermella con Papacontos nela, son os encargad@s de axudar ao resto d@s seus/súas compañeir@s a buscar os títulos que máis lle gustan entre os fondos literarios e non literarios que temos na nosa Charca…
Tamén son el@s @s que botan unha man no espazo creativo axudando con xogos e os distintos materiais que están a dispor de todo o alumnado durante os recreos dispostos por quendas cada día da semana.
Lego, Kapla, material de pintura, xogos de mesa, … son algunhos exemplos de todo o que a Biblioteca Creativa brinda ás nenas e nenos do noso cole…
E, en breve, traeremos máis novidades! Estade atent@s!
16/3/23
Hábitos saudables... dende @s máis pequen@s!!
Durante estes dous últimos mércores, todo o noso alumnado de Ed. Infantil tivo a oportunidade de escoitar a Loli, hixienista no Centro de Saúde de Xinzo de Limia. Ela foi a encargada de recordarlle ao noso alumnado máis novo a importancia de adquirir bos hábitos no coidado e limpeza da boca e a dentadura.
Estamos convencid@s que estas charlas, impartidas por profesionais que son cercan@s ao noso alumnado, chegan dun xeito moito máis efectivo e dan uns bos resultados entre @s nen@s do noso cole.
Esperamos poder continuar estas dinámicas cos distint@s profesiomais que inciden dun xeito tan directo na boa saúde d@s nos@s benxamíns !!!