Páginas

Biblioteca escolar

24/3/23

Cíclope: dos mitos clásicos á boa xestión das finanzas persoais

O noso alumnado de cuarto e quinto de Ed. Primaria asistiu onte a esta obra de teatro que forma parte do programa de educación financeira de AFundación, que axudará ao estudantado para comprender mellor a importancia dunha boa xestión das finanzas persoais.

Nunha clase dun instituto, tres dos seus alumnos falan sobre a viaxe de fin de curso e o que terán que facer para conseguir o diñeiro que lles permita apuntarse. Ningún dos tres ten unha familia adiñeirada, e tras a pandemia e os ERTES, en ningunha casa andan sobrados de diñeiro para unha viaxe de estudos.

Eles levan meses sen poder saír, verse coas amizades, para eles esta viaxe é a súa fuxida, a súa busca do paraíso, a viaxe a Ítaca.

Para conseguir realizar este soño embarcaranse en decisións e accións que en moitas ocasións poñerán en risco a súa economía, a das amizades e familia..., en fin, poñerán en risco a súa saúde financeira e a súa saúde persoal.

Unha viaxe antes da viaxe, situacións divertidas, sorprendentes que nos farán vivir na pel das persoas que están en escena. Unha auténtica aventura!

Novas aprendizaxes moi interesantes e relevantes para o día a día!






No hay comentarios:

Publicar un comentario