Páginas

Biblioteca escolar

25/3/23

Iniciámonos no deseño 3D!!

“O Deseño Dixital é como unha pintura en óleo, agás que a pintura nunca se seca”.  Neville Brody (Deseñador e director de arte. Londres, 1957)

Comezamos cos cursos de deseño en Thinkercad para o alumnado de sexto de Educación Primaria. Da man do noso coordinador da Bilioteca Escolar, Alfredo Dorribo, as nenas e os nenos do último curso de Ed. Primaria que así o soliciten, terán unhas sesións de formación durante os tempos de lecer en grupos de máximo de dez persoas neste programa de iniciación ao deseño en 3D, para rematar coa impresión dos traballos que alí realicen.
Tinkercad é un programa de software libre  en liña, de deseño 3D que funciona a través dun navegador web. Dispoñíbel dende 2011, constitúese nunha plataforma popular para crear modelos para impresión 3D así e é un programa de introdución neste ámbito para traballar nas  escolas.
Tinkercad foi fundado polo antigo enxeñeiro de Google Kai Backman e o seu cofundador Mikko Mononen, co obxectivo de facer modelaxe en 3D, especialmente traballando o deseño de elementos físicos, accesíbel ao público xeral, e deixando que os usuarios publiquen os seus deseños baixo unha licenza de Creative Commons. En 2011, tinkercad.com foi lanzado como ferramenta para navegadores WebGL habilitados. En 2012 a empresa traslada a súa sede central a San Francisco. Ese ano, máis de  100,000  deseños en 3D estaban publicados por usuarios neste sitio web. En maio de 2013, Autodesk anuncia na Feira Maker que compran Tinkercad. E en 2017, a empresa migra todos os seus deseños e programas a esta plataforma.
Unha iniciativa máis da nosa Biblioteca Cretaiva. Novas aprendizaxes para as novas realidades que contén o día a día no noso centro!






No hay comentarios:

Publicar un comentario