Páginas

Biblioteca escolar

10/2/23

Limuhe, a Dama da Lagoa de Antela

O pasado xoves, 8 de febreiro, tivemos a grande honra de contar coa presenza no noso cole de Xoxé Lois Carreira, escultor limiao de Parada de Ribeira e pai de tres fill@s rosalian@s!!!
Xosé Lois é o autor, entre outras moitísimas obras famosas en toda Galicia, da escultura da Dama da Lagoa que preside dende fai pouco a entrada á nosa vila, unha peza de case sete metros de altura e 75 toneladas de peso, feita en granito.
O motivo da visita de Xosé ten relación co traxe de Entroido escollido polo alumnado de sexto de Educación Infantil, e todo o traballo que levan feito ao redor deste personaxe, a súa lenda e de como o escultor foi quen de plasmar todo iso na súa magnífica obra.
O artista ensinounos os bosquexos da escultura, os pasos que deu ata chegar ao resultado final, as ferramentas que empregou e un montón de historias máis que atraparon a atención do noso alumnado dun xeito inaudito. 
Unha experiencia inesquecible para esta xente miúda de cinco anos!! 
Moitas grazas, Xosé Lois, por compartir con nós o grandísimo artista que es e por tratar ao noso alumnado con tanto agarimo!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario