Co gallo da conmemoración do Día das Bibliotecas Escolares un grupo de alumnas e alumnos de quinto de Primaria dirixidos pola súa titora María José Peaguda escribiu, ensaiou e puxo en escea esta magnífica peza teatral "Non me gustan os libros".
Foi tal o éxito da representación que aínda que estaban programadas unhas poucas sesións durante o mes de outubro, estas bravas actrices e actores tiveron que repetir esta obra para todos os cursos do cole, chegando ata o mes de decembro coas súas representacións.
Sexa este unha pequena homenaxe para todo ese grupo de alumnado e, en especial, para a súa directora María, que a partir deste mes de decembro pasa a gozar dunha máis que merecida xubilación despois de tanto e tan bo traballo con todos os seus grupos de alumnas e alumnos... Vai por ti, María, esta derradeira posta en escea!!