Non sabemos que ten a aplicación das novas tecnoloxías ao ensino... pero é que non saen do noso centro!!
Desta volta foi a quenda dun obradoiro da man de AFUNDACION, dentro da súa oferta deste tipo de actividades a realizar nos centros educativos, para potenciar as competencias STEAM (Science, Technology, Engineering and Maths) para o alumnado de 4º de Ed. Primaria.
Foi un taller de electrónica básica, scratch e programación con microbit que tiña como liña de traballo "A arte das emocións". Todo o alumnado "cacharreou" con estes dispositivos para, mediante código de progamación (neste caso co software Makecode) conseguir que a placa microbit poidera "expresar os seus sentimentos".
Unha mañá para profundizar nestas competencias básicas e tan presentes na nosa sociedade actual e poñer, por que non, a semente de futuras vocacións científicas que den pasos de xigante no desenvolvemento destas áreas básicas do coñecemento.
Fotografías: Manuela Vázquez
No hay comentarios:
Publicar un comentario