Coa chegada do bo tempo e ante o próximo comezo da primavera, o alumnado dos distintos cursos de Primaria e Infantil que este curso se comprometeron a pór en marcha cadanseu bancal empezaron os primeiros traballos para preparar a terra do noso horto escolar.
Ao mesmo tempo, os semilleiros xa están empezando a aparecer nas aulas coas sementes e xa están no horto os primeiros cultivos desta época do ano.
Destacar que este ano tamén contamos con información pictográfica para conseguir que todos os espazos da nosa escola sexan inclusivos.
Resaltar que esta actividade posta en marcha ao abeiro do Programa Voz Natura, é unha das máis esperadas por todo o noso alumnado e na que toman un contacto directo e poñen en valor o respecto e coidado polo medio natural no que vivimos.
Partindo do Plan de Formación Permanente do Profesorado existente no centro, propuxémonos sinalizar as dependencias con pictogramas, axudando así a normalizar e integrar ao alumnado con NEE no marco dunha educación inclusiva de calidade. Para levalo a cabo, recibimos 18 horas de formación sobre o Trastorno do Espectro Autista e os sistemas alternativos de comunicación, a cargo de Asociación Bata. Coa información recibida procedemos á toma de decisións sobre os espazos para sinalizar e comezamos a elaboración de claves visuais con pictogramas de ARASAAC. Colocamos no centro 45 pictogramas.
Contamos que en breve toda a nosa vila tamén estea presente, xa que nunha segunda fase do propio PFPP elaboramos unha serie de pictogrmas e que van ser colocados por parte do Concello de Xinzo de Limia nos edificios públicos e institucións. Pero disto, .... informaremos máis adiante!
Neste día 24 de Febreiro celébrase o día adicado a Rosalía de Castro, unha das poetas e escritoras máis influíntes do noso país no século XIX.
Rosalía, mito e símbolo de Galicia, unha escritora innovadora adiantada ao seu tempo. En moitas das súas obras utiliza a literatura para retratar á Galicia campesina e emigrante do momento, e faino na súa lingua, na nosa língua, língua na que ninguén se atrevera a escribir ata o momento, a língua que mellor podía reflexar todo o que estaba a acontecer por aquel entón na nosa terra, o galego.
Rosalía foi unha persoa que tivo unha vida peculiar, non tivo medo de ser políticamente incorrecta e podémola ver como precursora do feminismo reivindicando o papel da muller na cultura.
As súas obras mais importantes podemos decir que foron: Cantares Gallegos, Follas Novas e En las orillas del Sar.
Pero si queres saber máis sobre Rosalía, propoñemosche unha serie de recursos para que atopes toda a información que necesitas para saber todo sobre ela, fai click sobre a imaxe para acceder a toda a información. Anímate a facer as actividades que aí se propoñen que son moi dinámicas e divertidas, e coñecerás a Rosalía dun xeito diferente.
Esta cita de
Isidoro Rodríguez Pérez, profesor universitario e especialista en folclore galego, nado no barrio
de Magoi (Lugo) en 1958, pon en valor a importancia da lingua na que aprendemos a falar e a que nos trasmitiron os nosos proxenitores dende o berce.
A idea de celebrar o Día Internacional da Lingua Materna foi unha iniciativa de Bangladesh. Foi aprobado na Conferencia Xeral da UNESCO de 1999 e observouse en todo o mundo desde o ano 2000.
A UNESCO cre na importancia da diversidade cultural e lingüística para as sociedades sostibles. No marco do seu mandato en prol da paz, traballa para preservar as diferenzas de culturas e idiomas que fomentan a tolerancia e o respecto dos demais.
A diversidade lingüística atópase cada vez máis ameazada cun maior número de linguas que desaparecen. Cada dúas semanas, como media, unha lingua desaparece, levándose coa súa desaparición todo un patrimonio cultural e intelectual.
Con todo, grazas á comprensión da importancia que teñen as linguas maternas, alcanzáronse logros en materia de educación plurilingüe baseada nestas, en particular desde os primeiros estudos e o compromiso cada vez maior de que evolucionen na esfera pública.
As sociedades multilingües e multiculturais existen a través das súas linguas, que transmiten e preservan os coñecementos e as culturas tradicionais de maneira sostible.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de
Galicia é unha das institucións que está adscrita á Rede Europea para a
Promoción da Diversidade Lingüística (NPLD), e tamén se suma á conmemoración da
UNESCO e lanza desde os seus perfís de Twitter e Facebook unha produción
audiovisual que incopora a lingua galega.
Dito audiovisual compila expresións de cultura oral nas
diferentes linguas dos membros da NPLD. As tradicións e expresións orais úsanse
para transmitir idiomas, coñecementos, valores culturais e sociais dunha
xeración a outra. Abranguen unha enorme variedade de formas faladas: adiviñas,
contos, rimas infantís, cancións, poemas, cantos, lendas e moito máis e, polo
tanto, representan un papel crucial para manter vivos os idiomas. A referencia
ao idioma galego faise neste vídeo a partir do minuto 09:05
A propia SXPL organiza este ano unha actividade de
dinamización lingüística que se emitirá en streaming o vindeiro 21 de febreiro
ás 11.00 desde a Cidade da Cultura de Galicia.
Trátase de "Puño, puñete", de
Baobab Teatro, unha orixinal proposta dirixida a nenos e nenas de 1 a 7 anos e
ás súas familias, que está orientada a ofrecerlles a estas recursos para cantar
e contar en galego cos seus fillos e fillas. Se queres acceder a ela preme na
imaxe.
Outra das iniciativas que loitan día a día a prol da
difunsión da literatura popular infantil
de Galicia para que siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer para os/as
galegos/as do século XXI é orellapendella.gal.
Neste repositorio atoparemos infinidade de ditos, recitados, cancións, etc. que
acompañaron desde hai séculos ás brincadeiras dos/as nenos/as ou ás relacións
entre os membros maiores da familia e os máis pequenos.
Tod@s el@s conviven co Síndrome de Asperger demostrando que non é ningún impedimento para triunfar no seu día a día!
O Día Internacional da Síndrome de Asperger, conmemórase cada 18 de febreiro, en honra ao aniversario do seu descubridor, o psiquiatra austríaco, Hans Asperger, quen identificou un comportamento similar e pouco frecuente nun grupo de nenos aos cales describiu da seguinte maneira:
"Estes nenos presentan a miúdo unha sorprendente sensibilidade cara á personalidade dos seus profesores (…) Poden ser ensinados, pero soamente por aqueles que lles ofrecen unha comprensión e un afecto verdadeiros, xente que lles trata con agarimo e tamén con humor (…) A actitude emocional subxacente do profesor inflúe, de modo involuntario e inconsciente, no estado de ánimo e comportamento do neno".
A pesar que os seus estudos foron publicados en 1943, non sería ata a década dos 90, que as súas notas e descricións cobrasen valor para os estudosos do autismo e enfermidades neurolóxicas en xeral.
Na nosa Charca temos ao dispor do noso alumnado "A nena do vestido de Flores" de Manuel Fontemoura, onde nos amosa dun xeito fermosísimo e próximo o día a día dunha nena que ve o mundo dende esa realidade con esa sensibilidade tan sorprendente! Moitas grazas Manolo por darlle tanta visibilidade a estas persoas tan singulares!!!
Hoxe, 15 de febreiro, conmemoramos o Día Mundial contra o Cancro Infantil. Estas doenzas tan graves parecen máis inxustas, se pode ser, cando afectan á infancia. Debemos, polo tanto, dar visibilidade a todas esas familias que loitan xuntas contra esta enfermidade que tenta, sen conseguilo, borrar o fermoso sorriso das pequenas facianas das nenas e nenos que pelexan día a día contra estas doenzas como verdadeir@s superheroes.
Son moitas as asociacións sen ánimo de lucro que lle botan un man (cando non as dúas) a todas estas familias para facerlle frente a todas as contixencias económicas, sociais, de concialiación, ... que aparecen cando estas enfermidade é diagnósticada. Este ano queremos destacar a Bicos de Papel, xa que ten como ámbito de actuación, entre outros, o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, centro oncolóxico infantil de refencia para a provincia de Ourense, e onde estiveron e están, ingresados e atendidos aquelas nenas e nenos da nosa vila e provincia que están pasando esta enfermidade. Todos os anos organizan unha Gran Gala contra o Cancro Infantil (xa van pola cuarta edición) e este ano, debido ás condicións sanitarias, realizarase de maneira virtual. Convidamos a todo o mundo a que pase unha tarde distinta con esos sete grandes artistas que participarán nela e ao mesmo tempo colaboremos nesta causa tan xusta mercando unha entrada para ese evento. Nós xa temos a nosa!
Moito ánimo para tod@s es@s pequen@s superheroes nesa batalla na que loitan co mellor del@s día a día!
Proclamado en 2011 polos Estados Membros da UNESCO e adoptado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 2012 como Día Internacional, o 13 de febreiro converteuse no Día Mundial da Radio ( DMR).
A radio é un medio poderoso para celebrar a humanidade en toda a súa diversidade e constitúe unha plataforma para o discurso democrático. No plano mundial, a radio segue sendo o medio de maior consumo. Esta capacidade única de chegar á máis ampla audiencia significa que a radio pode dar forma á experiencia de diversidade dunha sociedade, erixirse como un escenario para que todas as voces exprésense, estean representadas e sexan escoitadas. As emisoras de radio deben servir a comunidades diversas, ofrecendo unha ampla variedade de programas, puntos de vista e contidos, e reflectir a diversidade de audiencias nas súas organizacións e operacións.
« Porque necesitamos máis que nunca este medio de comunicación universal, humanista, portador de liberdade. Porque, sen a radio, o dereito á información, a liberdade de expresión e, con ela, as liberdades fundamentais, veríanse debilitados; tamén a diversidade cultural, xa que as radios comunitarias son as voces de quen non teñen voz. »
Mensaxe da Sra. Audrey Azoulay, Directora Xeral da UNESCO, con motivo do Día Mundial da Radio
O día 11 de febreiro conmemórase o día internacional da muller e a nena na ciencia.
Con esta conmemoración preténdese recordar o papel fundamental que tiveron e teñen as mulleres e nenas na ciencia, co obxectivo de fomentar a súa participación de xeito pleno e equitativo.
Durante anos e anos moitas mulleres foron silenciadas no ámbito científico simplemente pola súa condición de xénero, a pesares de ser claves e protagonistas en moitos achádegos e avances que se fixeron na ciencia.
Tal é así que incluso este ano se lle quere dar especial visualización a través do lema "As mulleres científicas, líderes na loita contra o COVID", xa que a presenza e implicación feminina son clave no coñecemento e tratamento desta pandemia.
Para saber un pouco mais acerca da muller e a nena na ciencia, así como coñecer a grandes científicas... clicade na imaxe para acceder aos recursos que vos facilitamos.