Páginas

Biblioteca escolar

11/9/20

Segunda semana poñendo de manifesto a nosa protesta

E aquí seguiremos á espera de que nos traten como persoas e se prime a saúde (porque sen ela todo é nada) que é o noso ben máis prezado. Moitas grazas a todas as persoas que día a día seguen acudindo a facer visible o noso rexeitamento á decisión de non habilitar unha praza como tiñamos o curso pasado e obrigarnos a xuntar en dous cursos con 25 e 24 alumnos (coa situación que estamos a sufrir) os que o curso anterior estaban en tres con 17, 16 e 16. Tamén para solicitar que noutros niveis temos aulas con 24 e 23 alumn@s polo que é necesario facer algúns desdobramentos máis. 

Nesta semana as novidades son que o pasado mércores o Clautro decidiu manter esta medida, aínda que comezaran as clases, e sabendo que o profesorado que podemos saír eses "testimoniais" 5 minutos imos ser poucos, porque á metade tócalle facer as gardas de recreo.

Ademais acordamos outra medida que foi levar esta problemática ó Consello Escolar que tamén nos reunimos ese mesmo día. Neste órgano colexiado no que estamos representados toda a Comunidade Educativa (Xunta Directiva, representantes do profesorado, representantes das familias, representante do Concello...) acordouse remitir un escrito á Xefatura Territorial recollendo as peticións xa feitas polo Claustro e a ANPA.

A maiores, e tendo en conta que ó longo deste tempo desde a Xefatura Territorial non se puxeron en contacto con nós tamén decidimos facilitarlle a labor; así que un representante do Claustro chama todos os días por teléfono por se xa teñen algunha boa nova que comunicarnos.  

Imaxes do xoves e vídeo do venres:


/videos/venres 11 de setembro 

E velaquí a outro Ceip "Rosalía de Castro" (en A Coruña) tamén facendo unha concentración semellante e outras protestas pola ratio, como esta das Neves na que o alumnado de 5º se plantou contra a ratio de 25 na aula. 

laopinioncoruna.es. Concentracion-ceip-rosalia-castro-corua.html

 https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/as-neves/2020/09/09/planton-5-primaria-as-neves-contra-ratio-25-alumnos-clase/

Está claro que o que lexitima a un grupo é o traballo que facemos, a capacidade que temos. E que as loitas hai que facelas para ganalas ou para aprender a perdelas, pero hai que facelas. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario