Páginas

Biblioteca escolar

27/9/19

Venres 27: Parón no recreo cos cartaces




Nesta semana polo clima tivemos para este día un parón, para amosar os nosos traballos de concienciación sobre esta temática. Na xornada do xoves preparamos uns cartaces que amosan a nosa preocupación pola saúde da Terra. Atallar a actual situación de emerxencia converteuse nesta semana nun contido a traballar todos os días sabendo que é unha materia non só do alumnado e profesorado... É de toda a sociedade. 
Porque o planeta está sufrindo un dano (irreparable?) e as consecuencias poden ser letais.  Así que nos comprometemos a coidar o planeta implicando tamén ás nosas familias e veciñ@s (mantendo limpo o noso medio-equipos de supervisión ambinetal-, facendo un consumo responsable -sobrealmorzos que tenden a residuos cero-  e apostando por unha mobilidade sostible )  porque neste reto tod@s somos necesarios. @voz natura

"Pupas, sustos e outros desgustos"

   Este semana tivemos no Ceip un equipo de profesionais de enfermería pertencentes á Xerencia Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras que están levando a cabo un proxecto de primeiros auxilios destinado ás crianzas de 3º e 4º de primaria. 
   O proxecto consiste na realización dun obradoiro maioritariamente práctico para aprendermos a través do xogo e a colaboración a actuar ante determinadas situacións que poidan afectar á nosa saúde e á das persoas da nosa contorna.
   Antes e despois do obradoiro cada participante cumplimenta un cuestionario anónimo de cinco preguntas, o mesmo; temos así unha avaliación inicial e final. Ademais pásase outro cuestinario para valorarmos a satisfacción coa actividades desenvolvida.
   Resultou moi interesante (xa se viu ó longo do mesmo), moi proveitoso (eles mesmos desequida se deron conta ó pasarlles o cuestionario por segunda vez dos erro que cometeran)  así que parabéns e grazas ó equipo.

Aquí unha mostra con imaxes do desenvemento da actividade



26/9/19

A resolución do Plambe dota a nosa BE con 1.250 €


O DOG do 24 de setembro publica a Orde de 10 de setembro de 2019 pola que se resolve a convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios, de titularidade desta consellería, para o curso 2019/20.  
O documento conta de catro anexos, segundo os diversos apartados contemplados na convocatoria inicial:
  • Anexo I: Centros integrados no PLAMBE en convocatorias de 2005 a 2010, e de convocatorias de 2014 a 2017, que reciben asignacións para ampliar e renovar os fondos da colección.
  • Anexo II: Centros integrados no PLAMBE nas convocatorias de 2011 a 2013, que reciben, igualmente,  asignacións para renovar os fondos.  Neste caso tamén reciben asignación para renovar e ampliar mobiliario e equipamento imprescindible para o funcionamento da biblioteca como centro creativo de aprendizaxes.
  • Anexo III:Centros integrados no PLAMBE na convocatoria 2018, que reciben asignación para fondos, mobiliario/equipamento e gastos de funcionamento da biblioteca escolar.
  • Anexo IV: Centros públicos que se incorporan ao Plan de mellora de bibliotecas nesta última convocatoria de 2019 e que igualmente reciben asignación para fondos, mobiliario/equipamento e gastos de funcionamento da biblioteca escolar.

24/9/19

"Recuncho lector" no noso Centro de Saúde

   Na xornada de hoxe o alumnado e profesorado titor de 3º de primaria do Ceip Rosalía de Castro xunto co coordenador da Biblioteca escolar do Ceip Carlos Casares e catro alumnos axudantes voluntarios da biblioteca do centro puxemos en marcha un punto de lectura no Centro de Saúde de Xinzo de Limia. 
Esta iniciativa está tamén secundada polos dous IES da Vila: Lagos de Antela e Cidade de Antioquía e polo Concello a través da Biblioteca Municipal.
Así, sobre as dez da mañá o alumnado chegou ó Centro de Saúde con algún libro de lectura na man e ante a sorpresa do persoal, entramos todos no espazo máis coñecido por eles, a sala de espera de pediatría.
Alí estaban preparadas unhas estantería que achegara Sergio, onde despois de botarlle unha ollada ós libros os fomos depositando para que cando nos acheguemos a este espazo teñamos libros a man para gozar deles.
Lembrounos a tod@s Luis Antelo Anido, pediatra do centro de saúde o bo uso que debemos facer dos libros e despois de facernos unhas fotos para inmortalizar o momento volvemos ás aulas; alí deixamos en depósito estes exemplares (máis dun cento deles) que estarán agardando que os leamos.
Xunto a esta iniciativa estamos traballando as cinco bibliotecas (Ceips, IES e Biblioteca Municipal) noutra: dispoñer pola vila unhas casiñas ou berces de libros, nalgúns puntos esteratéxicos e que calquera cidadán poida coller un e deixar outro.  


23/9/19

Luns 23: Un minuto de silencio pola Terra

Accións Semana polo clima: 20-27 de setembro de 2019. 

Aínda que as nosas non aparecen neste enlace https://praza.gal/movementos-sociais/asi-vai-ser-a-semana-polo-clima-en-galicia tamén, desde o Ceip Rosalía de Castro seguimos concienciándonos sobre o cambio climático. 
Velaquí unhas imaxes e un vídeo deste luns de portas adentro e tamén na vila, acudindo ó Concello para reclamar o dereito infantil a un futuro sostible (seguindo o exemplo da activista sueca Greta Thunberg). @voz natura

  No patio do Ceip:





E tamén unha representación do Ceip no salón de plenos do Concello, coa presenza de dous Concelleiros do equipo de goberno.








Semana polo Clima

O colectivo "Teachers For Future Spain" (mestras e mestres preocupados pola crise climática que queremos cambiar as cousas) súmase á mobilización polo clima prevista do 20 ó 27 de setembro, cunha proposta de accións concertadas cos colectivos "Madres por el Clima" e "Families For Future BCN". @voznatura






Cinco portavoces de Fridays For Future de distintos puntos da Galiza apresentaron en rolda de prensa o calendario de movilizacións da folga global polo clima, convocada para o 27 de setembro. Este movemento de xente nova preocupada polo clima —iniciado por Greta Thunberg na Suecia— e que conta con implantación en distintas comarcas do País, recentemente decidiu sumarse á construcción dunha plataforma con outras organizacións e colectivos que “levan décadas traballando polo mesmo e cuxa presenza é necesaria”, comenta unha das portavoces. Desta ampliación xurdiu a plataforma Movemento Galego polo Clima que se apresentou o 18 de setembro na compostelana libraría Couceiro.


19/9/19

Semana Europea da Mobilidade: día sen coches

Manual

A SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE celébrase cada ano entre o 16 e o 22 de setembro.
 Esta iniciativa europea anima a introducir e promover medidas de transporte sostible e invitar á ciudadanía a probar alternativas ó uso del automóvil. 
A Comisión Europea ten establecido dous ambiciosos obxectivos para a mobilidade urbana: eliminar os coches de combustibles convencionais nas cidades para 2050 e  avanzar cara unha loxística urbana sen emisións nos principais centros urbanos para 2030.
 En 2018 a campaña superou o récord de participación: 2792 cidades de 54 países organizaron actividades durante a semana. Máis da metade das cidades participantes implantaron medidas permanentes que ascendían a un total de 8848, centradas principalmente na xestión da mobilidade, a accesibilidade e unhas instalacións para bicicletas novas ou melloradas.
A semana culmina no Día sen Coches, no que as cidades participantes dedican unha ou varias zonas exclusivamente ós peóns, os ciclistas e o transporte público durante un día completo. En 2018, celebraron o Día sen Coches 1153 cidades.
@voznatura

15/9/19

EQUIPOS DE “SUPERVISIÓN AMBIENTAL”


1.     Están constituídas polo alumnado de primaria do Centro. Son grupos dunhas 4 persoas, aproximadamante, que irán rotando.
2.     Pretenden manter un “bo clima” entre o alumnado, fomentar e educar no coidado do entorno.
3.     Os luns, mércores e venres -só no primeiro recreo- levarán un distintivo (chaleco e gorra), un recolledor e unha escoba e coidarán que toda a comunidade educativa que transite polo centro teña un bo comportamento cívico (convivencia pacífica: somos conscientes dos nosos dereitos e deberes). Non se dedican a recoller o que outros tiran: facemos unha labor de concienciación, de conservación e mellora do entorno. Coidan que o noso espazo, si, estea limpo e se alguén tira lixo ó chan, amablemente indícaselle que ese comportamento non é axeitado, que o recolla e onde debe gardalo (se lle caeu, sen darse conta) ou tiralo (papeleiras, contedores diferentes...). Se o alumn@ non lle fai caso ós membros da patrulla, inmediatamente avísase ó profesorado que está de garda nese espazo do patio. Antes de volver deixar os recolledores en recepción deben baleirarse nos contedores que temos no patio do centro (porta principal automática).
4.     Os martes e xoves coidamos as plantas, árbores e a nosa horta no cole. Regar, recoller folla para os composteiros, plantar… Os Animais. E a “eficiencia enerxética”:luces, auga, portas/calefacción.
5.     Todos os titor@s debemos estar atentos á semana que nos toca facelo. E pedir e/ou pasarlle a “planta” á aula seguinte. Moitas grazas

CALENDARIO CURSO 2019/20 ______________________________________________

6º B     16 a 20  de setembro   -  8 a 10 de xaneiro     -    27 a 30 de abril
6º A    23 a 27  de setembro   -    13 a 17 de xaneiro     -  4 a 8 de maio
5º B    30 set.a 4 de outubro   - 20 a 24 de xaneiro – 11 a 15  de maio
5º A   7 a 11 de outubro    -  27 a 31 de xaneiro   -  18 a 22 de maio
4º C    14 a 17 de outubro   -   3 a 7 de febreiro   - 25 a 29 de maio
4º B    21  a 25 de outubro  -   10 a 14 de febreiro  – 1 a 5 de xuño
4º A      28  a 30 de outubro  -  17 a 21 febreiro  – 8 a 12 de xuño
3º C    4 a 8 de novembro   - 2 a 6 de marzo – 15  a 18 de xuño
3º B     11 a 15 de novembro   -  9 a 13 de marzo
3º A   18 a 22 de novembro   -   16 a 20 de marzo
2º B    25 a 29 de  novembro   -   23 a 27 de marzo
2º A    2 a 5 de decembro    -  3o de marzo a 3 de abril
1º B     9 a  13 de decembro    - 14 a 17 de abril
1º A     16  a 20 de decembro    -  20 a 24 de abril

Nota informativa: Comparativa aulas (polo lixo que se xenera: inclúe o envoltorio sobrealmorzo) con premio para a que menos lixo xenere. Materiais alternativos: envoltorio con panos de tela de algodón, cera de abella e aceite de jojoba (antibacteriano), cantimplora ou recipientes reutilizables, etc
@voz natura

12/9/19

Datas voz natura: setembro


16: Día Internacional da preservación da capa de ozono
22: Día mundial sen coches
27: Día marítimo mundial
@voznatura

9/9/19

Yilliqiya ou Galisiya, o Reino de Galicia nas fontes árabes

Yilliqiya ou Galisiya. Así aludían ao Reino de Galiza as fontes árabes, que achegan unha información que impugna o relato da historiografía españolista e que pon sobre a mesa a súa importancia. Ibn Jaldun, o historiador árabe por antonomasia, dedica no século XV un capítulo da súa obra a elaborar toda unha historia dos Reis de Galiza. Velaquí un extracto do recollido no semanario Sermos Galiza 256.
https://www.sermosgaliza.gal/articulo/memoria/yilliqiya-galisiya-reino-galiza-nas-fontes-arabes

As crónicas árabes son unha fonte de primeira orde para o coñecemento, a recuperación e a rectificación da historia do Reino de Galiza. Só Ana María Carballeira Debasa, no seu libro Galicia y los gallegos en las fuentes árabes medievalescertifica a existencia de perto de cincuenta autores que entre o 711 e o século XV se teñen ocupado do Reino de Galiza. Destacan entre eles o cordobés Ibn Hayyan, se cadra o máis importante dos historiadores do medievo peninsular, o xeógrafo onubense Al-Bakri, o ceutí Al-Idrisi e o mesmo Ibn Jaldun, o historiador árabe por antonomasia que no século XV dedica un capítulo da súa obra a elaborar toda unha historia dos Reis de Galiza. As fontes árabes, ao igual que acontece coas francas, escandinavas ou as vaticanas, coetáneas da Galiza medieval, achegan unha información que impugna o relato da historiografía españolista e permite que aboie na súa realidade e tamén na súa importancia o Reino de Galiza.
Coñecían o Reino de Galiza como Yilliqiya ou Galisiya, situando entre as súas cidades máis importantes Santiago de Compostela e Lugo, pero tamén Oviedo, León, Zamora, Astorga, Salamanca ou Coimbra polo sur. O contorno xeográfico do territorio que os musulmáns recoñecían como Galiza era moito máis amplo que o actual, estendéndose por toda a parte noroeste da Península e incluíndo a marxe das terras da Galiza actual, Asturias, Portugal, León e a Castela citerior. Segundo indicaba o profesor Francisco Rodríguez nun recente artigo sobre o tema, publicado no dixital Terra e Tempo, “Galiza aparece como unha realidade xeográfica, social, económica, cultural e política, abranguendo maior ou menor extensión segundo o momento, sendo sempre o espazo central e nuclear a Galiza de Ortegal ao Douro, moi definida, contundente e tan importante como para os musulmáns identificar a parte cristiá da península prioritariamente con esa denominación (Yilliqyia, Galisiya)”.
Así Un Al-Istajri, un autor do século IX, marca as fronteiras do Reino de Galiza nas cidades de Mérida, Guadalaxara, Cáceres e Toledo, situando como cidades principais Zamora e Oviedo. Por exemplo, no século XI, AlBakri, recoñece como parte do Reino de Galiza, entre outros territorios Asturias, cuxo nome procede do Río Astur, León e a Castela ulterior e a Castela citerior, citando entre as prazas fortes da mesma a Grañón, Alcocero, Amaya e o propio Burgos.

6/9/19

Sobre o cambio climático (moi interesante)

CAMBIO CLIMÁTICO

El polvo de hadas de la Amazonia


El investigador del Instituto Nacional de Pesquisas da Amazonia (INPA), Antonio Nobre, desvela los cinco secretos del bosque amazónico y alerta sobre el peligro de su deforestación

https://elpais.com/elpais/2014/08/14/planeta_futuro/1408010925_555437.html