Páginas

Biblioteca escolar

24/9/19

"Recuncho lector" no noso Centro de Saúde

   Na xornada de hoxe o alumnado e profesorado titor de 3º de primaria do Ceip Rosalía de Castro xunto co coordenador da Biblioteca escolar do Ceip Carlos Casares e catro alumnos axudantes voluntarios da biblioteca do centro puxemos en marcha un punto de lectura no Centro de Saúde de Xinzo de Limia. 
Esta iniciativa está tamén secundada polos dous IES da Vila: Lagos de Antela e Cidade de Antioquía e polo Concello a través da Biblioteca Municipal.
Así, sobre as dez da mañá o alumnado chegou ó Centro de Saúde con algún libro de lectura na man e ante a sorpresa do persoal, entramos todos no espazo máis coñecido por eles, a sala de espera de pediatría.
Alí estaban preparadas unhas estantería que achegara Sergio, onde despois de botarlle unha ollada ós libros os fomos depositando para que cando nos acheguemos a este espazo teñamos libros a man para gozar deles.
Lembrounos a tod@s Luis Antelo Anido, pediatra do centro de saúde o bo uso que debemos facer dos libros e despois de facernos unhas fotos para inmortalizar o momento volvemos ás aulas; alí deixamos en depósito estes exemplares (máis dun cento deles) que estarán agardando que os leamos.
Xunto a esta iniciativa estamos traballando as cinco bibliotecas (Ceips, IES e Biblioteca Municipal) noutra: dispoñer pola vila unhas casiñas ou berces de libros, nalgúns puntos esteratéxicos e que calquera cidadán poida coller un e deixar outro.  


No hay comentarios:

Publicar un comentario