Páginas

Biblioteca escolar

26/9/18

Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia-2018. Aberto o período de inscrición.



Comezado o novo curso cómpre ir pensando nas citas anuais do profesorado que mantén vivas as bibliotecas escolares (ou que está interesado en educación en xeral, en lectura, escritura e traballo coa información en particular). 
Xa hai datas para as que serán as IX Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia. Celebraranse o 9 e 10 de novembro, no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela.  Xa está bastante avanzado o programa, que difundiremos en breve.
Entre tanto, hai que ir bulindo para non ficar sen praza. Aberto o prazo de inscrición na aplicación FPROFE, do Servizo de Formación do Profesorado. O código da actividade é o G1802025. Remata o prazo o 2 de novembro.
Lembramos o interese de que os equipos de biblioteca participen conxuntamente nestas xornadas, en parte por asistir directamente ao maior  número de actividades simultáneas posibles, en parte por compartir experiencia e ir construíndo unha linguaxe común, o que redunda nunha maior eficacia.

Día Mundial da Saúde Ambiental: 26 de setembro


A Fundación Vivo San pon en marcha por quinto ano consecutivo o programa didáctico Saúde ambiental na escola, que xa foi impartido en máis de 200 colexios e que este curso chegará ás aulas de medio centenar de centros educativos.
Organismos internacionais como a OMS e a Comisión Europea subliñan a importancia da prevención e a educación desde a infancia, así como a necesidade de divulgar á cidadanía as relacións causa-efecto entre medio ambiente e saúde.
É a quinta edición do programa educativo que con ese mesmo nome, Saúde ambiental na escola, leva a cabo a Fundación Vivo San nos colexios que o solicitan, co obxectivo de educar e sensibilizar aos nenos sobre os riscos que levan para a saúde determinadas substancias contaminantes presentes no medio ambiente cotián. Ata o momento, máis de 26.000 escolares de 207 colexios de toda España seguiron este programa educativo nos catro anos que leva en marcha.
Todos eses alumnos aprenderon en clase que os alimentos frescos poden ter residuos de pesticidas e como protexerse deles e evitalos, sensibilizáronse sobre os riscos de usar plásticos nos envases de comida, asimilaron a importancia de optar por produtos de aseo persoal ou de limpeza ecolóxicos, saben como ler unha etiqueta e que substancias deben evitar, e en definitiva están máis concienciados de que a súa saúde e o futuro do planeta e do medio ambiente está nas súas mans. A pesar das súas temperás idades, xa saben que son os ftalatos e o bisfenol A, onde se atopan e como afectan o seu organismo.

24/9/18

A resolución do Plambe dota a nosa biblioteca con 2800 €


A ORDE do 10 de setembro de 2018 resolve a convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade desta consellería, para o curso 2018/19. O Ceip Rosalía de Castro aparece nun dos anexos que reflicten as contías aos centros públicos incluídos no Plan de mellora de bibliotecas escolares durante o curso 2017/18, vistas as memorias de actividades levadas a cabo durante o devandito ano académico, así como as liñas prioritarias de actuación presentadas para o período 2018/19. Para Fondos: 1500 € e para Mobiliario equipamento 1300€. 


Contías destinadas a apoiar os procesos de transformación das bibliotecas en centros de recursos de lectura, información e aprendizaxe, favorecer as actividades de fomento da lectura e de educación no acceso e uso da información (para o correcto desenvolvemento dos proxectos lectores de centro e apoio ao tratamento do currículo), e de acordo coas liñas prioritarias de actuación presentadas.

TI, TAMÉN CONTAS. Participa, estás convidad@.


NOTA INFORMATIVA entregada pol@s titor@s ás familias

Dentro do proxecto de animación á lectura, gustaríanos contar coa colaboración das familias, de toda a comunidade educativa; por iso propoñémosche, un ano máis, participar na seguinte actividade: Ti, tamén contas.

Consiste en que o adulto que o desexe (pai, nai, avó, avoa, madriñas, padriños, tí@s, vecindade…) veña á biblioteca durante o horario escolar para lerlle ou contarlle un conto a un grupo de nenos e nenas.

Os/as interesados/as deben enviar ó titor/a  a nota adxunta cuberta e xa nos poñemos en contacto. Moitas grazas. Atentamente
O equipo Dinamizador da Biblioteca. Curso 2018/19


D/Dna……………………………………………………………………………………………………gustaríame participar como contacontos  na actividade:  “Ti tamén contas”.
Día ou días da semana que prefire ……………………………………………………………... Hora na que podería vir ……………………………………................  Para o alumnado de ……………………………………………………….…………………………………………..........
Teléfono (s) de contacto  ………………………………………………………......................................

20/9/18

Semana Europea da Mobilidade 2018

O Ministerio para a Transición Ecolóxica continúa impulsando a participación na convocatoria da Semana Europea da Mobilidade 2018, que se está a celebrar do 16 ao 22 de setembro baixo o lema “Combina e Móvete”.

A Semana Europea da Mobilidade, da que o Ministerio para a Transición Ecolóxica é coordinador nacional, é unha campaña dirixida a sensibilizar, tanto aos responsables políticos como aos cidadáns, sobre as consecuencias negativas que ten o uso irracional do coche na cidade, tanto para a saúde pública como para o medio ambiente, e os beneficios do uso de modos de transporte máis sustentables como o transporte público, a bicicleta e as viaxes a pé.
Está iniciativa xurdiu en Europa en 1999 e a partir do ano 2000 contou co apoio da Comisión Europea. Celébrase cada ano, do 16 ao 22 de setembro, realizando actividades para promocionar a mobilidade sustentable e fomentando o desenvolvemento de boas prácticas e medidas permanentes.
O 22 de setembro celébrase ademais o evento A cidade, sen o meu coche!, orixe desta iniciativa europea, que pretende atopar novas solucións aos problemas asociados ao aumento do tráfico nas cidades.
O tema elixido este ano pola Comisión Europea está centrado na multimodalidade e o lema é: Combina e Móvete!
A Unión Europea anímanos a fomentar o uso e combinación de diferentes modos de transporte nos desprazamentos urbanos de persoas e mercadorías, para conseguir unha maior eficiencia, rapidez, aforro e sustentabilidade.
Para máis información consultar a páxina web: http://www.mapama.gob.es/es/calidad-e- evaluacion-ambiental/temas/medio-ambiente-urbano/mobilidade/

Tamén pode atopar información adicional en:

19/9/18

Cadro de gardas e horario de biblioteca elixido por cada aula


Velaquí temos o cadro que recolle as persoas do equipo de biblioteca que están contribuíndo a que este espazo do Ceip sexa un instrumento fundamental para a formación de persoas lectoras e tamén  posibilite un mellor desenvolvemento do currículo.
Ademais recolle esta entrada o horario que cada titor/a escolleu para ir co seu grupo ata a biblioteca e posibilitar entre outras accións o préstamo de libros tal e como acordamos. 

12/9/18

Biblioteca, "espazo creativo". Moito por andar

Biblioteca, entorno creativo. Biblioteca obradoiro:
- Espazos para crear, investigar, construír…
- Lugares para desenvolver proxectos, en especial transmedia
- Lugares onde o alumnado e o profesorado traballan xuntos e investigan creativamente
- Construír robots
- Crear música dixital
- Montar películas
- Imprimir en 3D
- ...

Que fai unha impresora 3D nunha biblioteca!!??

En palabras de Sue Considine, directora da Fayetteville Free Library, a primeira biblioteca que ofreceu impresoras 3D, a énfase non está na tecnoloxía, está na comunidade de persoas que comparten e crean en común:
 “Trátase de proporcionar acceso ao proceso de crear; é a idea de avanzar cara a unha cultura de lectura /escritura, na que a xente crea cultura en lugar de só consumila” (Gutsche, 2012)

A biblioteca escolar é un “entorno” físico e dixital de aprendizaxe na escola onde a lectura, o interese, a investigación, o pensamento, a imaxinación e a creatividade son centrais para a viaxe cara á información e o coñecemento dos estudantes, tamén cara ao seu crecemento persoal, social e cultural. Directrices IFLA para a Biblioteca Escolar (2015)
International Federation of Library Associations. IFLA School Library Guidelines. 2015

Curso 2018/19. Estamos de volta: Benvid@s.




L
M
M
X
V
S
D

L
M
M
X
V
S
D

L
M
M
X
V
S
D

L
M
M
X
V
S
D
SETEMBRO

Outubro

Novembro

Decembro
1
2





1
2

1
2
3
4
5
6
7
3



1
2
3
4

3
4
5
6
7
8
9
3
4
5
6
7
8
9

8
9
10
11
12
13
14

5
6
7
8
9
10
11

10
11
12
13
14
15
16
10
11
12
13
14
15
16

15
16
17
18
19
20
21

12
13
14
15
16
17
18

17
18
19
20
21
22
23
17
18
19
20
21
22
23

22
23
24
25
26
27
28

19
20
21
22
23
24
25

24
25
26
27
28
29
30
24
25
26
27
28
29
30

29
30
31





26
27
28
29
30



31







2019
L
M
M
X
V
S
D

L
M
M
X
V
S
D

L
M
M
X
V
S
D

L
M
M
X
V
S
D
Xaneiro

Febreiro

MARZO

Abril

1
2
3
4
5
6





1
2
3





1
2
3

1
2
3
4
5
6
7
7
8
9
10
11
12
13

4
5
6
7
8
9
10

4
5
6
7
8
9
10

8
9
10
11
12
13
14
14
15
16
17
18
19
20

11
12
13
14
15
16
17

11
12
13
14
15
16
17

15
16
17
18
19
20
21
21
22
23
24
25
26
27

18
19
20
21
22
23
24

18
19
20
21
22
23
24

22
23
24
25
26
27
28
28
29
30
31




25
26
27
28




25
26
27
28
29
30
31

29
30












MAiO

XUñO







1
2
3
4
5






1
2
















6
7
8
9
10
11
12

3
4
5
6
7
8
9
















13
14
15
16
17
18
19

10
11
12
13
14
15
16
















20
21
22
23
24
25
26

17
18
19
20
21
22
23
















27
28
29
30
31



24
25
26
27
28
29
30



























 
Mes
Día

Setembro
3, 4, 5
Probas correspondentes á convocatoria extraordinaria do curso 2017/2018.
12
Comezo das clases no 2.º ciclo de educación infantil, educación especial e educación primaria.
17
Comezo das clases na ESO, Bacharelato, FP e ensinanzas de réxime especial.
Outubro
12
Día non lectivo. Día da Festa Nacional de España.
Novembro
1
Día non lectivo. Día de Todos os Santos.
Decembro
6
Día non lectivo. Día da Constitución.
7
Día non lectivo. Día do Ensino.
24, 25, 26, 27, 28, 31
Vacacións de Nadal.
Xaneiro
1, 2, 3, 4, 7
Marzo
4, 5, 6
Vacacións de Entroido.
Abril
15, 16, 17, 18, 19, 22
Vacacións de Semana Santa.
Maio
1
Día non lectivo. Día da Festa do Traballo.
17
Día non lectivo. Día das Letras Galegas.
Xuño
21
Remate das clases no 2.º ciclo de educación infantil, educación especial, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional.