O Ministerio para a Transición Ecolóxica continúa impulsando a participación na convocatoria da Semana Europea da Mobilidade 2018, que se está a celebrar do 16 ao 22 de setembro baixo o lema “Combina e Móvete”.
A Semana Europea da Mobilidade, da que o Ministerio para a Transición Ecolóxica é coordinador nacional, é unha campaña dirixida a sensibilizar, tanto aos responsables políticos como aos cidadáns, sobre as consecuencias negativas que ten o uso irracional do coche na cidade, tanto para a saúde pública como para o medio ambiente, e os beneficios do uso de modos de transporte máis sustentables como o transporte público, a bicicleta e as viaxes a pé.
Está iniciativa xurdiu en Europa en 1999 e a partir do ano 2000 contou co apoio da Comisión Europea. Celébrase cada ano, do 16 ao 22 de setembro, realizando actividades para promocionar a mobilidade sustentable e fomentando o desenvolvemento de boas prácticas e medidas permanentes.
O 22 de setembro celébrase ademais o evento A cidade, sen o meu coche!, orixe desta iniciativa europea, que pretende atopar novas solucións aos problemas asociados ao aumento do tráfico nas cidades.
O tema elixido este ano pola Comisión Europea está centrado na multimodalidade e o lema é: Combina e Móvete!
A Unión Europea anímanos a fomentar o uso e combinación de diferentes modos de transporte nos desprazamentos urbanos de persoas e mercadorías, para conseguir unha maior eficiencia, rapidez, aforro e sustentabilidade.
Para máis información consultar a páxina web: http://www.mapama.gob.es/es/calidad-e- evaluacion-ambiental/temas/medio-ambiente-urbano/mobilidade/
Tamén pode atopar información adicional en:
No hay comentarios:
Publicar un comentario