NOTA INFORMATIVA entregada pol@s titor@s ás familias
Dentro do proxecto de animación á
lectura, gustaríanos contar coa colaboración das familias, de toda a comunidade
educativa; por iso propoñémosche, un ano máis, participar na seguinte actividade: Ti, tamén contas.
Consiste en que o adulto que o desexe (pai, nai,
avó, avoa, madriñas, padriños, tí@s, vecindade…) veña á biblioteca durante o
horario escolar para lerlle ou contarlle un conto a un grupo de nenos e nenas.
Os/as interesados/as deben
enviar ó titor/a a nota adxunta cuberta
e xa nos poñemos en contacto. Moitas grazas. Atentamente
O equipo Dinamizador da Biblioteca. Curso
2018/19
D/Dna……………………………………………………………………………………………………gustaríame participar como contacontos
na actividade: “Ti tamén contas”.
Día ou días da semana que prefire
……………………………………………………………... Hora
na que podería vir ……………………………………................ Para
o alumnado de ……………………………………………………….…………………………………………..........
Teléfono (s) de contacto ………………………………………………………......................................
No hay comentarios:
Publicar un comentario