Hoxe non só tivemos no Ceip ó chef coruñés Luis de Veira, do restaurante "Árbore da Veira" da Coruña... É que se encheu o colexio de "chefs". Mirade as imaxes e falade co alumnado de cuarto de primaria e xa veredes o que gozaron coa xornada deste xoves dentro do programa "Come rico, vive san " de Vegalsa -Eroski.
Antes deste día traballaron un Caderno de actividades sobre: dieta mediterránea, plato de Harvard, exercicio físico, clasificación dos alimentos... Tamén contamos cunha exposición complementaria que tivemos unha semana no Centro.
E no día de hoxe había tres talleres: roda dos alimentos, degustacion e exercicio físico. Para aprender, pasalo xenial e ademais ser quen de facer as dúas cousas ó mesmo tempo. Velaquí algunhas imaxes desta actividade. Moitas grazas a todas as persoas que posibilitaron a realización desta estimulante experiencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario