“Só hai un medio para manter en pé unha sociedade libre e é manter ao público informado.” Joseph Pulitzer
Sabemos o que comemos? Somos capaces de ler as etiquetas e distinguir relamente o que estamos a consumir? Coñecemos realmente a cantidade de azúcares e outros compoñenetes nocivos para a nosa saúde que están presentes na maioría de bebidas e bollería industrial que comemos día a día?
As resposta a estas e outras moitas pregunta foron o obxecto do obradoiro que o Grupo de Innovación Docente “Aliméntate con Ciencia e Conciencia” formado dentro da Universidade de Vigo impartiu ao noso alumnado de 2º,4º e 6º durante o día de hoxe.
"Estímase que 2000 millóns de persoas en todo o mundo teñen sobrepeso ou son obesas e o 40,6 % da poboación infantil española ten exceso de peso (Estudio Aladino, 2019). A obesidade relaciónase cun maior risco de padecer distintas enfermidades (cardiovasculares, diabetes, etc.) que afectan a calidade de vida das persoas e ao seu benestar. Unha alimentación sa e saudable pode axudar a combater a obesidade. Malia todo, a poboación non ten demasiada formación en temas alimentarios e nutricionais. Para facer unha compra axeitada ás nosas necesidades nutricionais é prioritario ler e entender a información alimentaria que se amosa na etiqueta dos alimentos envasados. Unha correcta comparación do etiquetado nutricional e da lista de ingredientes entre alimentos similares é imprescindible para implantar hábitos saudables e escoller aqueles alimentos que presenten un menor contido de sal, azucre e graxas saturadas e/ou un maior contido en fibra, e graxas mono- e poliinsaturadas.
Co gallo de dar unha resposta a esta necesidade social, no ano 2022 creamos na Universidade de Vigo o Grupo de Innovación Docente “Aliméntate con Ciencia e Conciencia”, o cal pretende acercar o coñecemento en materia alimentaria ao alumnado, universitario e preuniversitario, formándoos como consumidores e desenvolvendo un espírito activo na promoción da súa saúde. Para iso:
- Estamos a elaborar materiais divulgativos (podcasts, píldoras de aprendizaxe e vídeos) que se distribuirán entre o alumnado.
- A maiores, puxemos en marcha o Proxecto de Innovación Educativa en Aprendizaxe-Servizo (Aps): Lendo etiquetas para coidar da miña saúde no que participan os nosos alumnos do Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e os centros educativos de educación primaria da contorna. Mediante a súa participación voluntaria, o noso alumnado adquire competencias transversais da titulación e outras específicas, pon en práctica os coñecementos adquiridos, e desenvolve habilidades e actitudes mediante un servizo á comunidade."
https://foodandhealthomics.es/grupo-innovacion-docente
Unha mañá chea de aprendizaxes significativos e relacionados cos ODS, especialmante co ODS 3 Saúde e Benestar, que fan que a partir de hoxe todo o nos alumnado sexa quen de saber realmente o que están a consumir e sexa competente para racionalizar o consumo destes azúcares nocivos para a súa saúde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario