Páginas

Biblioteca escolar

24/2/24

300.000 grazas!!!

"Sempre imaxinei que o Paraíso sería algún tipo de biblioteca". Jorge Luis Borges

Arrancabamos alá polo ano 2009 (fai 15 anos xa...) con toda a ilusión do mundo, despois de levar a cabo unha renovación total na Biblioteca do noso cole. Un espurgo de títulos,  un cambio de localización,  buscar un nome e unha mascota atractiva para si, a incorporación ao Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) da Consellería de Educación.... obxectivo tras obxectivo acadado cun grupo de mestras e mestres (queremos acordarnos especialmente de Toño, de María Cerradelo, de Ana Cid, de Pepa ... e de tant@s outr@s que lle dedicaron horas e horas a este marabilloso proxecto) moi implicado e coincienciado no rol que a Biblioteca Escolar tiña que ter na vida cotiá do noso centro escolar. 
Non só viña o alumnado a buscar libros e a ler contos  se non que tamén toda a comunidade escolar  participaba na creación de materiais audiovisuais,  en facer traballos de investigación e  formación bibliográfica,  falar do seu libro favorito, lerlle historias a outros grupos de alumnado.... e tantas e tantas outras actividades que convertiron a nosa Charca nun punto de encontro para a todos nós. 
E este Blog sempre estivo aí! Para ser testigo e notario de todas esas actividades que se foron facendo e que cada ver abarcaban máis aspectos da vida escolar: Deporte Escolar, Animación á lectura, ANPA, Robótica, Voz Natura, Espazo Creativo, ... e moitos máis que están por chegar.
Mil trescentas cincuenta e unha (1351) entradas nestes quince (15) anos de vida, e trescentas mil (300.000) visitas de tod@s vós que estades pendentes deste humilde cartafol escolar onde saber algo máis do cole de tod@s nós... do Rosalía!


No hay comentarios:

Publicar un comentario