Excelente resposta por parte do Concello de Xinzo de Limia á petición deste centro para pintar coa sucesión en pictogramas (PARA – MIRA – COCHE PARADO/SEMÁFORO – CRUZA) todos os pasos de cebra dos camiños escolares para que o noso alumnado con NEE e todas as persoas que presentan algún tipo de dificultades de comunicación ou na lingua (en especial a xente do espectro TEA) xa podidan beneficiarse deste sistema de comunicación aumentativa.
Esta actuación súmase ás xa contempladas e levadas a cabo do noso Proxecto de Formación Permanente do Profesorado (FFPP) coas que colocamos pictogramas en todos os espazos comúns do noso centro e, coa mesma colaboración co Concello, en todos os edificios públicos e de interese xeral da nosa vila, incluíndo a esta no "Universo ARASAAC" (http://aulaabierta.arasaac.org/mapa-de-arasaac-visual).
Desta volta, o noso centro púxose en contacto con TEAVIAL, grupo multidisciplinar formado por Doctores universitarios, docentes e directores de centros de ensino, membros de Policía Local, persoal sanitario, enxeñeiros de obra pública, alumnado da Facultade de Ciencias da Educación e familiares de mozas/os con TEA de Sevilla para adquirir as plantillas á empresa TECMAPRO, asumindo o coste das mesmas, para que posteriormente o Concello de Xinzo de Limia fora o encargado de pintar todos os pasos de cebra dos camiños escolares, facéndose cargo dos gastos que esta actuación leva consigo.
Na actualidade, Xinzo de Limia é unha das poucas vilas da provincia en contar con estas axudas de apoio visual nos seus edificios e a única, a día de hoxe, en ter estes novos pictos nos seus pasos de cebra en todo Ourense, uníndose deste xeito as poucas entidades municipais que en toda Galicia apostan deste xeito pola inclusión de todas e todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario