"Tes que amar a lectura para poder ser un bo escritor, porque escribir non empeza contigo."
Carlos Fuentes. Escritor mexicano (Panamá 1928 - 2012)
Dentro das actividades realizadas para conmemorar o Día das Letras Galegas no noso cole, o alumnado de 4º de Ed. Primaria B que participou no VII Concurso de Narración Curta "Carlos Casares", organizado polo Concello de Xinzo de Limia e a Fundación Carlos Casares, compartiu os seus traballos c@s súas compañeir@s e coas nenas e nenos de 4º Ed. Infantil A.
Foi un ratiño de escoita e lectura moi de preto, onde Enma, Antón, Xoel e Emma lles contaron a@s máis pequen@s do cole os seus marabillosos relatos, mentres tod@s @s demais prestaban unha extraordinaria atención a esa sucesión de personaxes e feitos.
Rematou esta sesión coa entrega por parte das mestras dun pequeno asagallo para tod@s, tantos relatores como ouvíntes e cun recordo especial en forma de bolígrafo dedicado para @s catro escritor@s, comvidando a tod@s @s demáis a participar en vindeiras convocatorias, tendo aínda un montón destes instrumentos de escritura esperando por el@s!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario