Páginas

Biblioteca escolar

28/9/20

Día Mundial do Corazón

   O Día Mundial do Corazón celébrase cada ano o 29 de setembro, e faise desde que no ano 2.000 a Federación Mundial do Corazón, co apoio da Organización Mundial da Saúde (OMS) designase este día, co obxectivo de concienciar sobre as enfermidades cardiovasculares, a súa prevención, control e tratamento.

    As enfermidades cardiovasculares son a primeira causa de morte no mundo. Os infartos de miocardio e accidentes cerebro vasculares cóbranse máis de 17 millóns de vidas ao ano. E estímase que a cifra ascenderá a 23 millóns para o ano 2030. 

    Unha gran proporción destas mortes podería evitarse cunha alimentación saudable que reduza o consumo de sal, con exercicio físico e evitando o consumo de tabaco. 

   Como coidar o teu corazón? A OMS pretende convencer ás persoas en todo o mundo de que se pode facer un cambio positivo e coidar o teu corazón e o dos teus seres queridos, cun compromiso para a nosa saúde.  

   Algunhas das cousas que podes facer para coidar o teu corazón son:

- Cociñar e comer san: dieta mediterránea evitando o consumo de graxas saturadas e aumentando a inxesta de omega 3 e peixe.

- Facer exercicio físico, polo menos media hora diaria. 

- Limitar o consumo de substancias prexudiciais como o sal, o tabaco ou o alcol. 

-  Controla o colesterol. 

- Controla o teu peso. A obesidade é un risco cardiovascular importante.

 


 https://www.diainternacionalde.com/ficha/dia-mundial-corazon

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario