Páginas

Biblioteca escolar

28/9/20

A vocación de todo ser humano non é outro que ser boa persoa

Esta é unha das aprendizaxes dun bo libro "Carta a una maestra" escrito polo alumnado da Escola de Barbiana, seguindo o método da escritura colectiva. Cun Lorenzo Milani que segue sendo actualidade. Se o pasado luns traiamos aquí a Paulo Freire e a Pedagoxía do oprimido, este luns toca D. Milani e esta Carta de obrigada lectura para os que se dediquen ou queiran traballar en educación. E ter claro que o que discrepa non trepa, que segue habendo moito Pierino e a opción dalgúns é outra.

Hoxe unha representación da comunidade do noso Ceip volvemos abrazar a nosa realidade e dicir que esto non serve, que temos que xerar outro sistema.  Que a educación ten que servir para dar máis oportunidades ós que máis o necesitan. Aprendemos e exercemos a solidariedade como o modo habitual de relacionarnos. Grazas!

Dous referentes nos meus estudos de maxisterio nos comezos dos anos 80 en Salamanca. Sempre coa análise da realidade como referente e cunha educación que sexa útil para o mundo real. Se en algo insistía D. Milani era en estudar o mundo real, en analizar o que pasa, en ver por que ocorren as cousas. A escola non pode ser un sistema alonxado da realidade.

Reler Carta a unha mestra é cuestionarse cando nos tomaremos a educación en serio.

 

Velaquí algunhas reportaxes que xa circulan grazas a Dende a Limia e a Voz de Galicia: 

Dende a Limia en directo: Abrazo e Cacerolada  

https://www.dendealimia.com/articulo/xinzo-de-limia/ceip-rosalia-faise-oir-cacerolada-multitudinaria

La Voz de Galicia. Edición Ourense 

📹 EN VÍDEO | [20:10] Familias y pequeños del CEIP Rosalía de Castro, en #Xinzo de Limia, protestan con una cacerolada por la alta concentración de alumnos en dos aulas del centro educativo. Imágenes de Miguel Villar.
 

E unhas fotos desta acción feitas por Eva (ANPA). Graciñas.

 









 

No hay comentarios:

Publicar un comentario