Páginas
▼
Biblioteca escolar
▼
29/3/19
28/3/19
Ourense: teatro, cidade, tren turístico...
Ourense 28 de marzo 2019
http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d258349786kP847408753o1l1/ourense-28-de-marzo-2019
O alumnado do segundo ciclo, 3º e 4º de primaria, pasamos a xornada en Ourense. Primeiro no auditorio gozando dunha obra de teatro (bon appètit) e despois os de cuarto con José Ramón (guía turístico) fixemos unha visita guiada e moi ben comentada pola cidade (panorámica, catedral, praza maior e burgas); rematamos visitando a praza de abastos. Moitísimas grazas, José Ramón!
O alumnado de terceiro colleu o tren turístico na praza maior e fixeron o percorrido ata Outariz.
27/3/19
Imos ó Teatro: Bon appètit
https://www.afundacion.org/ga/area-educativa/evento/xenerica.-bon-appetit.-escolares-2018-2019
Unha mestura de teatro físico, música, monicreques e un texto de enredo con moito xogo de palabras, isto é Bon Appètit, a obra de Teatro dos Ghazafellos.
Esta programación está dirixida exclusivamente a centros escolares.
Música / teatro
Teatro dos Ghazafellos
Galego / 60 min
3º e 4º Educación Primaria
Comedia en clave de clown onde tres chefs «franceses» tentarán mostrar os segredos da cociña galega, seguindo o prestixioso libro de receitas escrito por Álvaro Cunqueiro, A Cociña Galega: «A cociña é arte, a expresión cultural que un pobo desenvolve ao longo do tempo». Cunha posta en escena colorista, estes personaxes enganchan @s nen@s desde o primeiro momento, facéndoos partícipes das desventuras, malos entendidos e solucións para cada prato.
26/3/19
Día Mundial do Teatro
O Día Mundial do Teatro ( World Theatre Day) celébrase o mércores 27 de Marzo de 2019.
O día mundial do teatro creouse en 1961 polo Instituto Internacional de Teatro ( IIT). Celébrase todos os anos o 27 de Marzo polos centros do IIT e a comunidade teatral internacional. Organízanse distintos eventos de teatro nacional e internacional para resaltar esta ocasión. Un dos máis importantes é a distribución da Mensaxe Internacional tradicionalmente escrito por unha personalidade do teatro de talla mundial convidada polo Instituto Internacional de Teatro.
É bo día para lembrar as sabias palabras de Federico García Lorca: «O teatro é a poesía que se levanta do libro e faise humana. E ao facerse humana, fala e grita, chora e desespérase».
https://www.cuandopasa.com/index.php?v=v59225f Máis información: www.world-theatre-day.org
22/3/19
Atletas.
E seguimos co deporte escolar. Neste caso practicamos atletismo participando nas probas de velocidade (60m), salto de lonxitude, lanzamento de peso e lanzamento de pelota.
A esta xornada acudimos preto de 90 rosalian@s xunto con alumnado do CEIP de Vilar de Barrio, CEIP dos Blancos, CEIP Carlos Cid Arregui (Rairiz) e CEIP Carlos Casares.
Familiarización con novas modalidades deportivas, convivenvia, exercicio físico, valores...e todo cun precioso día de sol.
A esta xornada acudimos preto de 90 rosalian@s xunto con alumnado do CEIP de Vilar de Barrio, CEIP dos Blancos, CEIP Carlos Cid Arregui (Rairiz) e CEIP Carlos Casares.
Familiarización con novas modalidades deportivas, convivenvia, exercicio físico, valores...e todo cun precioso día de sol.
20/3/19
Aprendendo de Carmen: Axencia de Doazón de órganos e sangue
O pasado venres, 15 de marzo, tivemos con nós no Colexio a Carmen, da Axencia de Doazón de órganos e sangue (Servizo Galego de saúde). Lembrounos e aprendeunos coñecementos sobre o sangue e a función dos compoñentes sanguíneos... Pero tamén sobre quen pode doar e por que doar sangue; sobre o proceso da doazón e os pasos que se seguen co sangue doado.
Moitísimas grazas a Carmen que ademais de agasallarnos ó alumnado de 4º de primaria coa súa compaña e explicacións nos trouxo materiais dos Bolechas sobre este tema para todo o segundo ciclo.
https://ados.sergas.gal/Paxinas/web.aspxEquinoccio de primavera
Día da árbore, da auga e a poesía.
Se o 5 de marzo celebrabamos o día mundial da eficiencia enerxética e o 14 día internacional de acción polos ríos o 21 de marzo, mañá, é o Día internacional dos bosques. O día seguinte, 22, o día mundial da auga e o 23 día mundial da meteoroloxía.
18/3/19
Experiencias de formación: Coñecendo mellor a dislexia
Hoxe, no espazo creativo do centro, tivo lugar unha interesantísima charla sobre a dislexia impartida por Claudia Fernández e Esther López Carbajales (vicepresidenta e presidenta, respectivamente, de AGADIX) onde nos deron a coñecer de primeira man moitas ferramentas para detectar alumnado con esta dificultade e nos amosaron estratexias e protocolos de actuación para minorizar o máximo posible o grao de incidencia da dislexia no proceso de aprendizaxe.
A convocatoria tivo unha resposta positiva entre todos os sectores da nosa comunidade educativa, reuníndonos alí moitxs mestrxs do noso centro centro así como numerosas nais/pais do noso alumnado. Todxs nós poidemos aprender como estxs nenxs afrontan o seu día a día con grandes dificultades e incluso poidemos acercarnos a comprobar na nosa propia pel (dun xeito moi limitado, e por suposto lúdico no noso caso) os atrancos e as impotencias que elxs teñen cando teñen que encarar o seu día a día na escola.
Experiencia moi enriquecedora da que podemos extraer numerosas conclusións e pautas de actuación para atender ao noso alumnado que presente esta necesidade educativa e esperamos que esta sexa a primeira de outras moitas experiencias de formación que melloren a nosa capacitación ante situacións educativas especiais.
Biblioteca Escolar como centro de aprendizaxe!
17/3/19
Recordamos o Entroido 2019
Presentámosvos un pequeno resumo dos traxes que levamos este ano no desfile... As fotos son de Adriana Jiménez.... Moitas grazas... Esperamos que vos guste !!!
14/3/19
Ponte de Lima: Feira de educaçao
Un ano máis o alumnado do Ceip Rosalía de Castro participamos na III Feira de Educaçao en Ponte de Lima; e van tres de tres. Unha sorte contar con estes amigos do outro lado da raia que sempre nos acollen moi ben e cos que nos sentimos en sintonía conversando de educación, de incorporar novos retos... Robótica, tecnoloxía, educación ambiental, música, alimentación, ciencia divertida. Graciñas.
Graciñas a todo o persoal do Centro Educativo As Lagoas que nos prepararon unha comida rica e nos posibilitaron compartir as súas instalacións.
Graciñas a todo o persoal do Centro Educativo As Lagoas que nos prepararon unha comida rica e nos posibilitaron compartir as súas instalacións.
Velaquí unha mostra dalgúns momentos deste día; grazas tamén ó alumnado que responde á confianza depositada neles e soubo desenvolverse con autonomía, esperando cando houbo que agardar, participando, aprendendo na materia máis importante que temos: a vida mesma.
13/3/19
Campionato comarcal de natación
Hoxe desenvolveuse a fase final do campionato comarcal de natación escolar en Xinzo de Limia. A esta cita asistiu alumnado do CEIP Carlos Casares, do CEIP Carlos Cid Arregui (Rairiz) e do CEIP Rosalía de Castro.
As sensacións nesta modalidade deportiva sempre son moi boas, e neste caso os resultados tamén.
Aquí deixamos unha mostra do vivido.
As sensacións nesta modalidade deportiva sempre son moi boas, e neste caso os resultados tamén.
Aquí deixamos unha mostra do vivido.
Alí estaremos
Os vindeiros 21 e 22 de marzo celebraranse en Compostela os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares correspondente ao curso 2018/2019, con intevención de persoas expertas en diversos ámbitos relacionados coas biblioteca, a literatura, a comunicación, o patrimonio, a mediación lectora, as competencias informacionais e mediáticas, a tecnoloxía educativa e a produción audiovisual.
Ademais,
presentaranse un total de 26 experiencias de centro de
moi diverso contido (funcionamento da biblioteca escolar, "hora de ler",
voluntariado, biblioteca inclusiva, espazo creativo, proxecto lector,
Radio na biblio, clubs de lectura, traballo por proxectos e outros).
Neste ano de "poéticas diversas", a poesía estará presente da man de Mar
Benegas, Montse Pena e Carlos Negro.
Formación no Ceip sobre a dislexia
O luns 18 de marzo ás 16.15h temos organizada unha charla sobre a Dislexia que será impartida pola ASOCIACIÓN GALEGA DE DISLEXIA (AGADIX).
Os destinatarios da mesma: familias e profesorado do Ceip Rosalía de Castro. Como actuar mellor na casa, na aula coas nenas e nenos con esta dificultade de aprendizaxe.
Documentación sobre esta temática:
12/3/19
Coñece as túas Institucións 2019
Hoxe, o alumndo de quinto de Educación Primaria viaxou ata Santiago de Compostela para coñecer como funcionan dúas das nosas institucións máis importantes no goberno da nosa Autonomía: O Parlamento de Galicia e a sé da Xunta de Galicia en San Caetano. Acompañados por Carlos Gómez Salgado Vedmar no primeiro e Jesús Oitavén no segundo, comprobamos cales son as funcións destes dous órganos de goberno e fixemos de conselleirxs por un día.... Experiencia inesquecible
Tamén aproveitamos o dia para ser o primeiro colexio de toda Galicia en visitar a exposición "Leonardo da Vinci", onde poidemos ver as principais obras pictóricas e manipular moitos dos inventos deste visionario renacentista.
Planetario de EduCaixa no Ceip
Esta semana temos unha ferramenta extra no Centro. Un Planetario Móbil. Así que estamos aprendendo moita Astronomía: contemplar o firmamento de cada unha das estacións, as constelacións, orientarnos localizando a Estrela Polar, lendas e mitos...
https://www.educaixa.com/-/planetamovil_astronomia
8/3/19
Participaremos na III Feira de Educaçao en Ponte de Lima
O vindeiro xoves 14 de marzo o alumnado de 4º de primaria participaremos, un ano máis, na xornada de inauguración da III Feira de Educaçao en Ponte de Lima. Este é o programa dese día.
6/3/19
8 de marzo, día Internacional da Muller
O día 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller, unha data que cómpre seguir lembrando en favor de maiores cotas de igualdade na sociedade para un colectivo que supón algo máis da metade da sociedade galega, sen ir máis lonxe.
As bibliotecas escolares aproveitamos esta data para realizar propostas de traballo para a educación en valores, a prol da igualdade de alumnas e alumnos, e para o recoñecemento das importantes achegas que as mulleres fan á sociedade e que carecen, en moitos casos, de visibilidade.
Velaquí algúns exemplos:
Velaquí algúns exemplos:
- Mulleres con valor: a representación feminina nos billetes (PDI de 1º de ESO). IES Xoán Montes (Lugo)
- Mulleres de libro -- Cine en feminino -- No día da muller (vídeos). IES San Paio (Tui)
- Mulleres pintoras. CEIP Montemogos (Bueu)
- Día da Muller traballadora. CPI da Cañiza (A Cañiza)
- Día da muller traballadora (sinxela proposta de traballo documental). CEIP Quintela (Moaña)
- Versos de mulleres que falan das mulleres. IES de Poio (Poio)
- As cores de Galicia, pinceladas de muller (ilustradoras e pintoras galegas). CEIP de Andrade (Pontedeume)
- María Casares. Teatreiras (as mulleres do teatro galego). IES Porto do Son (Porto do Son)
- Nosoutras podemos. Día da muller traballadora. IES Fontem Albei (A Fonsagrada)
- Mulleres científicas galegas (traballo do alumnado de 3º de ESO) . CPI Antonio Orza Couto (Boqueixón)
- O mar das mulleres. CEIP Frián-Teis (Vigo)
- Día da muller. Poéticas no museo. EEI Barrionovo (Arteixo)
- Mesa redonda sobre mulleres en traballos comunmente considerados "de homes". IES A Paralaia (Moaña)
- Exposicións Día da Muller (Muller e ciencia. Muller e libros). IES Eduardo Blanco amor (Ourense)
- O sexismo nos xoguetes (estudo estatístico realizado por alumnado de 4º ESO). IES Rafael Dieste (A Coruña)
Enlaces a materiais de interese:
1/3/19
Entroido: xornada espectacular
Agradecementos e ...
https://www.lavozdegalicia.es/album/ourense/xinzo-de-limia/2019/03/01/futuro-fiesta-
limiana/01101551453413453953546.htm?
utm_source=facebook&utm_medium=referral&utm_campaign=fbour
http://www.dendealimia.com/album/entroido/desfile-infantil-do-entroido-2019/20190301172602015327.html