Páginas

Biblioteca escolar

18/3/19

Experiencias de formación: Coñecendo mellor a dislexia

Hoxe, no espazo creativo do centro, tivo lugar unha interesantísima charla sobre a dislexia impartida por Claudia Fernández e Esther López Carbajales (vicepresidenta e presidenta, respectivamente, de AGADIX) onde nos deron a coñecer de primeira man moitas ferramentas para detectar alumnado con esta dificultade e nos amosaron estratexias e protocolos de actuación para minorizar o máximo posible o grao de incidencia da dislexia no proceso de aprendizaxe.
A convocatoria tivo unha resposta positiva entre todos os sectores da nosa comunidade educativa, reuníndonos alí moitxs mestrxs do noso centro centro así como numerosas nais/pais do noso alumnado. Todxs nós poidemos aprender como estxs nenxs afrontan o seu día a día con grandes dificultades e incluso poidemos acercarnos a comprobar na nosa propia pel (dun xeito moi limitado, e por suposto lúdico no noso caso) os atrancos e as impotencias que elxs teñen cando teñen que encarar o seu día a día na escola.
Experiencia moi enriquecedora da que podemos extraer numerosas conclusións e pautas de actuación para atender ao noso alumnado que presente esta necesidade educativa e esperamos que esta sexa a primeira de outras moitas experiencias de formación que melloren a nosa capacitación ante situacións educativas especiais.
Biblioteca Escolar como centro de aprendizaxe!











No hay comentarios:

Publicar un comentario