Páginas

Biblioteca escolar

24/4/17

Nais, pais na biblioteca... E 25 de abril, sempre!


Seguimos contando coa participación das familias na biblioteca dentro da actividade "Ti tamén contas". Alberto, xa hai uns días que participou co alumnado de 3º e 6º de primaria e hoxe veu Montse para outra sesión co alumnado de 4º de primaria. Moitas grazas!

Salientar que Montse trouxo un conto portugués que nos comezou a ler coa axuda do seu fillo Manuel; é o de Maggy, a fada!... de Lidia Machado Dos Santos (amiga de Montse), que esperamos veña ó Ceip. Ademais Montse, por ser a véspera do 25 de abril veunos cos caraveis (e bombóns!) e contou o significado do 25 de abril para os nosos veciños Portugueses. Moitísmas grazas!




apalepex07's channelhttps://www.youtube.com/watch?v=Cw5lAMILuxk




Aprendendo cunhas "mestras moi especiais"




Hai uns días o alumnado de cuarto de primaria tivemos unha xornada moi especial na biblioteca; Miguel Yebra e tres alumnas, Arianna, Azahar e Antía, do IES Lagoa de Antela (dúas foran alumnas do noso Ceip) viñeron a contarnos o seu traballo de investigación. Un traballo polo que recibiron un mencionado premio. Foi moi entretida a presentación que maxistralmente nos fixeron. "Afogar" moscas e outros insectos para a continuación "reanimalos". Moitas grazas por aprendernos a empregar outras maneiras de aprender e moitos parabéns non só polo voso traballo de investigación, tamén polo ben que o soubestes presentar. Grazas!

Unha xornalista de La Voz no Ceip




Dentro do programa de Prensa - Escola tivemos, xa hai días,  unha charla para coñecer como se fai un xornal. A sesión gustou moito. Ruth Novoa de La Voz conseguiu captar moi ben a atención do alumnado de 4º de primaria e quedamos encantados de coñecer máis polo miúdo o seu traballo. Mesmo poidemos ver como no momento publicaba na web do periódico a foto da nosa sesión...  Moitas grazas!

21/4/17

Xoan Curiel... en concerto!

Concerto de Xoan Curiel na Ludoteca... Non o podiamos perder! Todo o alumando de primeiro e segundo de Primaria alá estivemos. Cantamos con el, bailamos con el... Pasámolo xenial!




Visitamos Apípolis

Todo o alumnado de segundo de Educación Primaria visitamos as instalación de Apípolis, moi cerquiña de Pontevedra. Ensináronnos todo o relacionado co mundo das abellas e do mel. Fixemos un montón de actividades e trouxemos algún recordiño para a casa. Foi un día estupendo








Día Internacional da Nai Terra...

Este sábado, 22 de abril, é o día intenacional da Nai Terra. Un día para tomarmos conciencia de que o seu coidado está nas nosas mans; unha oportuinidade para que tod@s os habitantes da Terra recoñezamos que ela é o noso fogar. 
O domingo 23 é o día internacional do libro; nós xa o celebramos no centro o venres 21 co amadriñamento /apadriñamento lector... Un fin de semana na que está convocada unha andaina solidaria da que vos deixamos aquí información por se vos animades a participar.
  

Amadriñamento/apadriñamento lector

O patio do Ceip cheo de estampas espectaculares!!!!
Con motivo da celebración do día Internacional do libro (23 de abril) hoxe fixemos esta actividade, na que o alumnado de 4, 5º e 6º de primaria prepara algún libro (un conto...), algún agasallo, un carné para os seus afillad@s de infantil, 1º e 2º de primaria, que tamén preparan o seu carné de afillad@s e nalgúns casos algún contiño, poesía, etc. para os seus padriños e madriñas. Unha gozada esta actividade! Velaquí unha mostra cunha montaxe a partires das fotos que tomou Luís. Grazas, grazas a tod@s.

20/4/17

Hoxe, mel de Galicia....

O alumnado e algún profesorado, de 4º de primaria, participamos, este xoves 20 de abril, nunha sesión formativa que tivo lugar na biblioteca sobre o Mel de Galicia; produto amparado pola Indicación Xeográfica Protexida (IXP). Estas charlas divulgativas son ofertadas polo Consello Regulador e poidemos escoitar a Beatriz que nos contou moitas cousas sobre as abellas; fixémoslle unha chea de preguntas e agasallounos cun pequeniño bote de mel (que algúns xa comeron ó instante) e uns globos. Moitas grazas.




 
        




     

19/4/17

Día mundial da bicicleta


Día Mundial da Bicicleta celébrase cada 19 de abril para promover o uso deste transporte, intentar mellorar os dereitos dos ciclistas e destacar os beneficios para a saúde e o medio ambiente que supón a utilización da bici.
Conmemórase este día debido a un acontecemento que tivo lugar o 19 de abril de 1943. Albert Hofmann foi un químico suizo mundialmente famoso por estar considerado como o "pai do LSD". El mesmo sintetizou, inxeriu voluntariamente e experimentou os efectos da dietilamida de ácido lisérxico - tomou 0,25 miligramos- mentras volvía a casa dando un paseo en bicicleta na compaña do seu asistente, vivindo unha das anécdotas máis destacadas da historia. Tres días antes, o 16 de abril, descubrira os seus efectos ó absorber de forma inconsciente varias gotas desa substancia mentres traballaba con ela no seu laboratorio.


Aínda que historicamente non é moi precisa, podes ver esta curiosa animación sobre o peculiar viaxe de Albert Hofmann:    https://youtu.be/HBOPFWmZCdM

O Día da Bicicleta celebrouse por primeira vez en 1985 grazas á iniciativa de Thomas B. Roberts, un profesor da Universidade do Norte de Illinois. Esta conmemoración, anos despois comezou a expandirse polo resto de países. De momento non ten sido recoñecido pola Organización das Nacións Unidas; con todo é un día que todos deberíamos celebrar para forzar aos gobiernos a que ofrezan alternativas ecoamigables e para que melloren os dereitos dos ciclistas.

Os de 3º de primaria en Correos


 Onte, martes 18 de abril, o alumnado de 3º de primaria visitou as instalacións de correos aquí ó lado do centro e, como todos os anos, aprendemos moitas cousas de Ramón. Moitas grazas!!!  

 



18/4/17

Día do libro

Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita, co gallo do Día Mundial do Libro, un pequeno marcapáxinas cun texto orixinal dun autor ou autora galega. Nesta ocasión é Rosalía Fernández Rial a poeta que agasalla co seu texto sobre o libro e a lectura ás Bibliotecas Escolares de Galicia.
Rosalía lévanos co libro ao mundo da palabra, da música, da maxia, do imprescindible aire para respirar.  

Nós estamos preparando, como outros anos, a actividade do amadriñamento/apadriñamento lector. Farémola o próximo venres.

7/4/17

Xornada comarcal natación

O pasado mércores día 5 ao redor dunha vintena de nen@s participaron na xornada comarcal de natación.
É unha actividade novidosa que se comezou a promober o curso pasado, sendo esta vez a primeira que se leva a cabo unha proba comarcal da zona da Limia.

Xornada moi satisfactoria que anima a que este tipo de actividades se sigan desenvolvendo nos vindeiros anos.

4/4/17

Concurso de fotografía: "Galicia, auga e literatura"

La Voz de la Escuela e VIAQUA convocan o III concurso de fotografía “Galicia, Auga e Literatura” no Programa Prensa-Escuela, curso 2016/2017.  
Un concurso de fotografía no que os escolares de Galicia (de educación primaria e secundaria) dean a súa visión fotográfica sobre pasaxes estelares ou momentos cume das grandes obras da literatura galega na que estea presente a auga. En concreto, preténdese conseguir unha visión fotográfica que contribúa a concienciar sobre o coidado do medio ambiente e da auga como recurso natural escaso. As fotografías deberán ser inéditas, en B/N ou en cor e non poderán ser seleccionadas ou premiadas en calquera outro certame ou concurso.
A imaxe irá acompañada dunha breve explicación do porqué do autor ou obra escollida. No documento, tamén se deberán indicar os datos do autor da fotografía (nome, apelidos, data de nacemento, centro escolar, email e teléfono) e o nome e apelidos do profesor responsable da supervisión do traballo.
O prazo de presentación dos traballos finalizará o 5 de maio do 2017.
Tedes toda a información no enlace seguinte:
http://promociones.lavozdegalicia.es/concursofotografia/112016_bases.pdf

Concurso de fotografía: Entendendo as nubes

Desde Voz Natura (Grazas Nazaret) achegáronnos a información deste concurso que nos parece moi interesante. Púxoo en marcha a Consellería de Medio Ambiente, a través da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, para conmemorar o Día Metereolóxico Mundial celebrado o pasado 23 de marzo: Concurso de fotografía "Entendendo as nubes". 


O obxectivo do concurso é resaltar a importancia que teñen as nubes para o tempo, o clima e a auga a través da belleza e o atractivo estético das nubes. 
Poden participar tódolos centros educativos de infantil ata bacharelato e formación profesional!!!


¡O prazo remata no mes de maio, o 24! (As fotos envíanse a través de correo electrónico cos datos do autor)