La Voz de la Escuela e VIAQUA
convocan o III concurso de fotografía “Galicia, Auga e Literatura” no Programa Prensa-Escuela,
curso 2016/2017.
Un concurso de fotografía no que os escolares de Galicia (de
educación primaria e secundaria) dean a súa visión fotográfica sobre pasaxes estelares ou
momentos cume das grandes obras da literatura galega na que estea presente a auga. En
concreto, preténdese conseguir unha visión fotográfica que contribúa a concienciar sobre o
coidado do medio ambiente e da auga como recurso natural escaso.
As fotografías deberán ser inéditas, en B/N ou en cor e non poderán ser seleccionadas ou
premiadas en calquera outro certame ou concurso.
A imaxe irá acompañada dunha breve explicación do porqué do autor ou obra escollida. No
documento, tamén se deberán indicar os datos do autor da fotografía (nome, apelidos, data de
nacemento, centro escolar, email e teléfono) e o nome e apelidos do profesor responsable da
supervisión do traballo.
O prazo de presentación dos traballos finalizará o 5 de maio do 2017.
Tedes toda a información no enlace seguinte:
http://promociones.lavozdegalicia.es/concursofotografia/112016_bases.pdf
No hay comentarios:
Publicar un comentario