O claustro do profesorado e o persoal non docente do CEIP Rosalía de Castro desexámosvos Boas Festas e un venturoso 2017
Páginas
▼
Biblioteca escolar
▼
Pedindo o aguinaldo
O alumnado de 4º A quixemos recoller algo moi propio destas datas e que case se está a perder. Así que buscamos unha panxoliña ben enxebre "Ovos e torresmos" e dedicamos esta última xornada do trimestre a ir pedindo o aguinaldo a todo o persoal, profesorado, alumnado do colexio polas aulas.
Tamén saímos pola vila e fomos cantar a Ítaca, ó Espazo Lector Nobel, á Praza Maior, ó Centro de Día, á Residencia Santa Mariña. E, pasámolo de marabilla!!!
Actividade Nadal
Este curso, en vez do xa clásico Festival de Nadal, como remate do primeiro trimestre o Clautro escolleu unha proposta nova. Foi a presentada polos de "A run run xogos e enredos". Así que hoxe fixeron tres pases de contos dramatizados "Contos na maleta" e unha animación con música " Cotillón Ano Novo".
Velaquí algunhas fotos para que vos fagades unha idea desta festa.
20/12/16
16/12/16
Visita do alumnado de sexto de primaria ao Museo Arqueolóxico
Grazas á implicación da ANPA do CEIP Rosalía de Castro, o alumnado visitou as escavacións arqueolóxicas que están presentes no interior do Museo. Moitas grazas a Gonzalo e Pepe pola compaña e polas fotos.
15/12/16
Tan só con leres un libro
MAMÁ CABRA É un grupo de música infantil pioneiro na produción de espectáculos
musicais pensados para o público infantil. A súa história remóntase ao
ano 2000, e partíu de facer cancións para as clases de Educación musical de Gloria, unha das fundadoras do grupo.
Contan na súa web que a primeira canción naceu na
biblioteca do colexio no que estaba Gloria, despois de ler o poema do
“Timoteo” de Gloria Sánchez que está no libro “Rimas con letra”.
Empezamos coa idea de facer un disco: CANTOS RODADOS, de dez temas que
se baseaban en poemas de autores como: Antonio G. Teijeiro, Concha
Blanco, Ana María Fernández... e Gloria Sánchez, claro. Pero acabamos
subidos a un escenario e artellando xogos para compartir un momento de
ritmo, canto, audición e sobre todo movemento musical.
7/12/16
Teatro na Casa de Cultura
Este mércores 7 de decembro, entre dous festivos, o alumnado de 3º, 4º e 5º de primaria con algún profesorado fomos ata a Casa de Cultura de Xinzo. O motivo foi que o grupo Sarabela nos ía representar a obra "O secuestro da bibliotecaria". Tamén estaba alumnado do Ceip Carlos Casares co seu respectivo profesorado.
A obra gustounos moito e tod@s quedamos contentos porque tiñamos cravada esa "espiña". Resulta que a última vez que estiveramos no mesmo auditorio para gozar dunha obra de teatro a experiencia non fora moi positiva; co pouco silencio, por parte do público, non fomos quen de "engancharnos" á obra e ninguén o pasamos ben (nin o público, nin os artistas que tanto tempo adicaran a preparala para nós...).
Hoxe todo foi mellor. Así que, parabéns a tod@s!!!! Pero moi especialmente ó grupo Sarabela e a tod@s os que fixeron posible que poideramos gozar desta actividade aquí no pobo. Grazas!
5/12/16
Guillelme Brown
O sábado desenvolveuse unha carreira nas instalacións do colexio Guillelme Brown onde, como xa é habitual, houbo representación do Rosalía.
Noraboa deportistas!!
Noraboa deportistas!!
Seguimos nadando
O venres foron os rapaces e rapazas de 3º e 4º os que puideron participar na actividade de deporte escolar na súa modalidade de natación.
Tratouse dunha xornada diferente, interesante e moi motivadora.
A principios de ano levarase a cabo unha xornada comarcal na que competirán os mellores tempos de cada categoría.
Tratouse dunha xornada diferente, interesante e moi motivadora.
A principios de ano levarase a cabo unha xornada comarcal na que competirán os mellores tempos de cada categoría.
2/12/16
1ª Xornada de campo a través
Onte os rapaces e rapazas do colexio Rosalía disfrutaron da 1ª xornada comarcal de campo a través. Participaron ao redor de 75 deportistas de entre 7 e 12 anos. A acticidade desenvolveuse con éxito xerando actitudes e resultados moi bos.
Os 20 primeiros rapaces e rapazas por categoría participarán na 2ª xornada que se realizará no mes de xaneiro.
Os 20 primeiros rapaces e rapazas por categoría participarán na 2ª xornada que se realizará no mes de xaneiro.