Este mércores 7 de decembro, entre dous festivos, o alumnado de 3º, 4º e 5º de primaria con algún profesorado fomos ata a Casa de Cultura de Xinzo. O motivo foi que o grupo Sarabela nos ía representar a obra "O secuestro da bibliotecaria". Tamén estaba alumnado do Ceip Carlos Casares co seu respectivo profesorado.
A obra gustounos moito e tod@s quedamos contentos porque tiñamos cravada esa "espiña". Resulta que a última vez que estiveramos no mesmo auditorio para gozar dunha obra de teatro a experiencia non fora moi positiva; co pouco silencio, por parte do público, non fomos quen de "engancharnos" á obra e ninguén o pasamos ben (nin o público, nin os artistas que tanto tempo adicaran a preparala para nós...).
Hoxe todo foi mellor. Así que, parabéns a tod@s!!!! Pero moi especialmente ó grupo Sarabela e a tod@s os que fixeron posible que poideramos gozar desta actividade aquí no pobo. Grazas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario