O Concello de Xinzo de Limia, co gallo da
celebración das Letras Galegas 2016, convoca un premio de RELATO CURTO en galego, co
fin de animar aos/as nenos e nenas, mozos
e mozas a escribir na nosa lingua. O Nome do concurso literario, dende esta
primeira edición, será “ I Premio Literario CARLOS CASARES, de
narración curta – Letras Galegas”. A Concellería de Cultura fai públicas as
bases correspondentes á primeira edición. Este certame rexerase, pois, polas seguintes bases:
BASES:
Poderán
concorrer a este premio os/as nenos/as e mozos/as que presenten, en prazo e
forma, un relato escrito, inédito, da súa autoría, redactado en
lingua galega, de acordo coa normativa oficial vixente e cunha: a.-extensión máxima de dez folios, por
unha cara, en tipoloxía Times
New Roman 12 ou Arial 12, a interlineado 1,5 ou dobre, nos escritos realizados con
ordenador, (ou tamén manuscritos), na categoría Júnior e Xuvenil; b.- máxima de 5 folios en categoría infantil I; c.- máxima de 2 folios na categoría infantil II.
A temática é libre.
Haberá
tres categorías:
1.- Infantil: Idades comprendidas
entre o ano 2004 e posteriores.
2.- Xuvenil : Idades comprendidas
entre 1998 e 2003 (ambos incluídos)
4.- Júnior : Idades comprendidas
entre 1991 e 1997. (ambos incluídos)
·
Cuarta:
Os
premios correspondentes a cada categoría outorgaranse en bonos para material escolar e libros nas librerías de Xinzo de
Limia. (Infantil 200 €/ Xuvenil 300 €/ Júnior 500 €; ademais, dun diploma,
outorgados polo concello de Xinzo de Limia, coa colaboración da Deputación de
Ourense; e lote de libros, outorgado
pola Fundación Carlos Casares, para cada categoría.
·
Quinta:
O
concurso faise público o día 14 de Marzo
de 2016 e os traballos serán entregados na Casa da Cultura de Xinzo de
Limia ou nos Centro de Estudios: I.E.S. e Colexios Públicos de Xinzo.
Casa da Cultura de Xinzo de Limia
R/ Curros Enríquez, 17 32630 Xinzo de Limia
Prazo de entrega: 29 de Abril de 2016, antes das 14:00 h.
·
Sexta:
As
obras entregaranse nun sobre grande no que figure por fora só o título da obra.
No seu interior, ademais do texto
orixinal, deberá aparecer outro sobre
pequeno, pechado, no que figurará o título da obra, o nome e
apelidos do/da participante, enderezo e un número claro de teléfono no que
poida ser avisado no caso de premio. Serán nulos os traballos que leven á vista
o nome do autor/ra.
·
Sétima:
O
fallo do Xurado farase público antes do
día 17 de Maio, DIA DAS LETRAS GALEGAS. Anunciaranse con antelación, en especial aos/ás gañadores/ras o lugar,
data e hora da entrega dos premios.
O
xurado, nesta primeira edición, estará composto por persoas designadas pola
Concellería de Cultura do Concello de Xinzo de Limia, entre as que estarán os
escritores galegos Antón Riveiro Coello
e Rafael Laso; O presidente do Liceo
de Ourense e representante da Fundación Carlos Casares, Xavier Casares Mouriño; Profesores
de Lingua e Literatura Galegas do centros escolares de Xinzo; profesores e técnicos de Cultura,
Educación e Xuventude do Concello así como a Bibliotecaria municipal.
O Xurado terá todas as facultades para a decisión
dos premios. A súa decisión será inapelable.
Os Premios sairán da suma das puntuacións dadas por cada un dos membros do xurado na
categoría asignada. Levantarase acta do fallo do xurado.
O
Premio poderá quedar deserto, se o xurado
estima que, segundo criterios de valoración literarios e lingüísticos,
ningunha das obras presentadas merece ser premiada. Nalgún caso podería fallar
premio “ex aequo” de dúas obras que considerase igualmente merecedoras do
premio, nalgunha categoría. Nese caso, repartiríase o premio a partes iguais.
A Participación neste
concurso supón a plena aceptación destas bases. Ante calquera dúbida,
prevalecerá a opinión do Xurado. Non se devolverán os traballos presentados,
que quedarán recollidos no arquivo municipal do “Premio Literario
Carlos Casares”. O concello de Xinzo de Limia resérvase o dereito, nun
futuro, de publicación das obras gañadoras nas distintas edicións.
O feito de concorrer
a este certame implica a aceptación destas bases.