Este venres 11 ás 20:00 horas no local de Itaca (Otero Pedrayo, 4 de Xinzo de Limia) preséntase o libro coa presenza de tres das autoras: Xosé Santos, Pepa Vázquez e María Duran.
Este 3º libro que publica o Foro OBenComún é unha obra coral de 17 autores, especialistas e activistas sociais:
Prologo e Coordinación edición: Xan Duro e Xoán Hermida González
Titulos e autore(a)s:
Galiza: calamidade e oportunidade Ramón Fernández, Carolina Jack, Jose Manuel Sánchez e Xiao Varela
A necesidade dun novo modelo enerxético para Galiza Xoán R. Doldán García
Soberanía alimentaria Isabel Vilalba
Galicia perante o cambio climático Xosé Veiras
Transporte e mobilidade: sen relocalización non hai solución Xan Duro
Facer política desde a bolsa do lixo. Cando ti cambias, todo cambia María Durán Beloso
Bases para unha actividade pesqueira sustentable Antonio García Allut
Montes, fragas, lumes… outra política forestal é posible Xosé Santos Otero
A Administración pública como un consumidor responsable Fernanda Couñago Otero
Dez reflexións sobre a educación ambiental en Galicia: ollando máis alá da crise Pablo Ángel Meira Cartea
Cultura, cultura de paz, sostible e xusta Manuel Dios Diz
Acción Social e loita contra a pobreza en Galicia Pepa Vázquez Martínez
Trinta anos de solidariedade galega. Ollando o pasado e o futuro Emilio Manuel Martínez Rivas
Economía, medio ambiente e recursos naturais María Xosé Vázquez Rodríguez
Ecoloxía Política. Olladas desde Galicia.
A sociedade humana na súa configuración actual depende, alén dos
alimentos, fundamentalmente da enerxía fósil e dos recursos minerais non
enerxéticos. Ámbalas dúas están entrando en fase de esgotamento. A
Axencia Internacional da Enerxía sinalou o ano 2006 como o ano de
superación do pico do petróleo convencional. A partir dese momento
iníciase unha curva descendente na capacidade de extracción, que se
pretende substituír con petróleo de fontes non convencionais como as
areas bituminosas ou derivados froito do fracking. Outros
investigadores sinalan o ano 2050 como a data na que a demanda de
minerais como ouro, prata, chumbo, cinc, cobre ou níquel, será superior
ás reservas totais dos mesmos.
Son moitos os sinais
que temos hoxe en día: á profunda crise que vive o capitalismo
globalizado, o proceso de esgotamento dos recursos minerais e
enerxéticos tradicionais, a progresiva degradación ambiental e as
desigualdades locais e mundiais configuran un panorama crítico diante do
que semella que non temos máis que dúas respostas. A primeira resúmese
nunha fuxida cega cara a diante, pechando os ollos á realidade. A
segunda, unhas infundadas esperanzas nunhas supostas tecnoloxías que
virán resolver os problemas, é dicir, o tecno-optimismo. Case que unha
relixión na actualidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario