O ENTROIDO DE XINZO DE LIMIA
Xinzo de Limia ten un Entroido singular. Se nalgunha parte de Galicia se conservou na súa integridade a vivencia profunda do tempo de Entroido é na vila de Xinzo de Limia, que medrou á beira da xa desaparecida Lagoa de Antela.
Figura singular entroido como referencia destacada entre ún dos mellores Entroidos de España e Portugal, e incluso de Europa, polo que o Entroido de Xinzo de Limia é acreedor ao título de “Festa de Interese Turístico Nacional”. Esta distinción débese, por unha banda, á figura da “Pantalla”, personaxe central deste entroido que posúe unha gran vistosidade na súa indumentaria e movimentos, batendo as características vexigas e alegrando a festa ao son de campaíñas e axóuxeres.
Por outra banda, tal distinción débese tamén á amplitude do seu ciclo festivo, de cinco fins de semana de duración (Sábado do Petardazo, Domingo Fareleiro, Sábado do desfile e colgamento do Meco, Domingo Oleiro, Sábado de Mulleres, Domingo Corredoiro, Venres, Sábado, Domingo, Luns e Martes de Entroido, Enterro da Sardiña e Domingo de Piñata) e tamén á masiva participación popular na festa. Neste entroido é moi difícil atopar a ninguén que, sendo veciño do concello, ande sen disfrazar. Dá igual a idade, sexo ou condición; individualmente ou en grupo, todo o mundo se disfraza.
Recursos educativos na web: Galicia espallada
Unha recolleita da cultura galega
Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración
O ENTROIDO GALEGO
HOLA A TOD@S!
SON SARA, UNHA MESTRA TOLINHA POLAS TICs DO CRA RAÍÑA ARAGONTA (SALCEDA DE CASELAS). QUERO COMPARTIR CON TOD@S VOS O NOSO NOVO LIM SOBRE A FESTA DO ENTROIDO. ESTE ANO QUEREMOS INVESTIGAR SOBRE OS DISFRACES TRADICIONAIS GALEGOS DA PROVINCIA DE OURENSE. ESPERO QUE O DISFRUTES E APRENDADES MOITO SOBRE ESTA TRADICIÓN GALEGA.