Páginas

Biblioteca escolar

18/2/14

Todas con Rosalía

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega vén de remitirnos un novo vídeo no que un grupo de escritoras galegas quixo unirse para continuar dando vida a Rosalía nun novo vídeo colectivo no que teñen cabida palabras e músicas de mulleres, nenas, mozas e vellas. Mulleres falando de mulleres, e ao tempo, falando de todos e para todos nós, falando dos que aquí e agora sofren, seguindo o exemplo de conciencia e rebeldía da grande escritora ao recitar os seus versos desde o presente. 
As gravacións amateurs foron montadas e editadas pola cineasta Raquel Rei. Participan, entre moitas outras, Marta Dacosta, María Canosa, Concha Blanco, Mercedes Leobalde, Berta Roca, Fina Casalderrey, Isabel Risco, Lorena Souto, Pilar García Negro,... Esperamos que vos guste.


2 comentarios:

  1. Con este video coñecemos mellor a obra de Rosalìa.O alumnado de 6º A gustounos.

    ResponderEliminar
  2. e moi bo gustoume moito espero que fagades mais deste tipio

    ResponderEliminar