Páginas
Biblioteca escolar
20/4/26
Algo pasa na casa do lobo
15/3/26
Encontro interbibliotecario
“Grandes descubrimentos e melloras implican invariablemente a cooperación de moitas mentes.” Alexander Graham Bell
Esta semana o equipo de biblioteca do Ceip de Rosalía de Castro, acollimos a un grupo de representantes dos distintos centros de Ponte de Lima que conforman a Rede de Bibliotecas Escolares de dito municipio. O obxectivo desta xornada foi o enriquecemento das nosas prácticas en cuanto a promoción e mellora das bibliotecas escolares e dos proxectos que xurden a partir delas. Así compartimos distintas actividades e dinámicas que se levan a cabo nos diferentes centros escolares a ambos lados da fronteira para adaptalos a cada un dos nosos contextos.
Deixamos fotos do encontro e algunhas mostras dos proxectos que se están a levar a cabo na nosa escola e que lles amosamos ós nosos compañeiros e compañeiras portugueses. Esperamos que o disfrutasen e aprendesen do mesmo xeito que o fixemos nós na visita ás súas escolas.
10/3/26
Visita de Marta Villar
A escrita é unha longa introspección, é unha viaxe cara ás covas máis escuras da conciencia, unha lenta meditación. Isabel Allende.
Esta semana o alumnado de 3º da nosa escola tivo a enorme sorte de coñecer a Marta Villar. É a autora de "Os peidos máxicos de Sultán", obra que lles encantou e coa que de seguro riron un cacho. Ademáis é un relato baseado na historia real de seu can e que terá a continuación publicada próximamente nas librerías.
Marta, ademáis de firmar libros organizou actividades moi amenas e motivadoras coas que chegou sen dúbida aos nenos e nenas. Eso si é promoción da lectura!
6/3/26
8M: Día da Muller
"O empoderamento das mulleres conduce ao empoderamento da humanidade" – Michelle Obama.
Co gallo da conmemoración do Día Internacional da Muller, o CDR O Viso e a nosa ANPA veñen de organizar unha exposición cos traballos e os textos que deron pé o pasado curso á publicación do libro "Mulleres Ilustradas da Limia".
Esta é unha oportunidade única para ver en gran formato os traballos plásticos que realizaou o noso alumnado, tomando como punto de partida a estas mulleres senlleiras.
A exposición está aberta para toda a comunidade escolar na Aula de Psicomotricidade no primeiro andar do centro, dende o luns, 9 ata o xoves 12 de marzo, en horario de 14.00 a 15.45 horas.
El león y el ratón
Nesta ocasión os pais pisacharcas de Antía de 4 anos, Blanca e Rafa, viñeron contar o conto de "EL LEÓN Y EL RATÓN" á nosa Biblioteca Escolar. Os nenos e nenas desta clase estiveron moi atentos, xa que o conto é unha fábula curta pero profunda. Fainos ver como funcionan os estereotipos, esas imaxes mentais que nos facemos dos demáis a simple vista e que cremos certas. O león ignora o potencial do ratón e acaba sorprendido pola súa capacidade de sacalo dunha boa lea. Tamén amosa o beneficioso e positivo de se axudar os uns aos outros. Un conto perfecto para ensinar aos fillos e fillas a importancia de non prexulgar senon a ser empáticos e colaboradores.

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)



.jpeg)
.jpeg)
