Páginas
Biblioteca escolar
25/4/25
Aprendemos a estar ben informad@s
23/4/25
O ladrón das flores
"Un libro é un soño que vostede ten nas súas mans." Neil Gaiman, escritor británico
Este pasado martes visitounos Magalí, repetindo experiencia como pisacharcas. Contounos o conto O ladrón de flores, que trata de concienciar sobre o coidado e o respecto ás plantas e flores silvestres, como beneficio para a conservación do medio natural.
10/4/25
¿De qué color es un beso?
"Segue lendo. É unha das máis marabillosas aventuras que calquera persoa pode ter." Lloyd Alexander, escritor estadounidense
Hoxe visitounos Karla coa finalidade de sorprender aos nenos e nenas de 6 de infantil. Co conto ¿De qué color es un beso? Demostrounos a importancia de transmitir os sentimentos e as emocións a través das cores.Xuntos e dunha forma orixinal, sementaron a súa própia planta de bicos violetas .Ademais de levar un marabilloso agasallo para pintar os seus bicos de cores.
E os vosos bicos? De que cor son?.
3/4/25
Muriel. Caos no laboratorio lácteo
«Creo que parte do meu amor á vida débollo ao meu amor aos libros». Adolfo Bioy Casares, escritor arxentino.
Hoxe contamos coa presenza de María Canosa na nosa Biblioteca Escolar que veu a flar co alumnado de cuarto de Ed. Primaria sobre o seu libro "Muriel. Caos no laboratorio lácteo", que foi unha das lecturas que fixron neste trimestre.
María Canosa Blanco, nada en Cee o 20 de agosto de 1978, é unha enxeñeira de Camiños, Canais e Portos galega, coñecida pola súa participación como xurado en programas concurso da Televisión de Galicia e como escritora de literatura infantil e xuvenil e autora dunha estensísima producción literaria infantil.
Desta volta, Muriel e o inseparable raposo Blim viven unha calma apracible no seu castelo. Apenas reciben cartas e botan en falta os atafegos doutra época. Mais todo muda logo dun lixeiro estrondo no laboratorio. A maxia e a ilusión envólveos por completo e involúcraos nunha misión fermosa e entrañable que, ademais, lles abrirá as portas da sospeita. Serán quen, os dous compañeiros, de desentrañar o misterio que hai tempo os intriga? Non hai elección: sube ao carro de leiteiro e... boa viaxe!
María contounos un montón de anécdotas e contestou a todas as preguntas que o alumnado lle fixo para rematar asinando os exemplares deste fermoso libro que tod@s leron encantad@s!
2/4/25
#DiaMundialAutismo #SomosInfinitos
«Cada pequeno logro na viaxe do autismo merece ser recoñecido e aplaudido, lembrándonos que o progreso se mide en pasos, non en saltos.» Sally Ozonoff, Profesora universitaria especialista en psiquiatría e comportamento social na Universidade de California.
O autismo é un trastorno do desenvolvemento que afecta á comunicación e á interacción social. O azul é a cor que se asocia a el. Desde hai anos, utilizouse para dar visibilidade ás persoas con trastornos do espectro autista (TEA), así como para mellorar a súa comprensión, promover a súa aceptación, difundir as súas experiencias, reafirmar os seus dereitos e, en definitiva, sensibilizar á sociedade con esta realidade.
A Asemblea Xeral da ONU designou o 2 de abril como Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo no ano 2007. A asociación estadounidense Autism Speaks creou en 2010 a iniciativa Light It Up Blue (en español, Ilumina de Azul) para apoiar ás persoas con trastornos do espectro autista. Segundo explica a organización Autismo España, cada 2 de abril miles de edificios e monumentos emblemáticos de todo o mundo ilumínanse coa cor azul "como mostra de apoio e solidariedade coas persoas con autismo e as súas familias". Más de 400 fixérono en España en 2024.