Páginas

Biblioteca escolar

11/12/24

Que bonito é o mundo da radio!

"A pregunta non é quen me vai a deixar; é quen vai determe." Ayn Rand, filósofa e escritora rusa.

Hoxe foi unha desas mañas de "primeiras veces".... Era a primeira vez que gravabamos un podcast co alumnado de sexto e tamén foi a primeira vez que tivemos a oportunidade de escoitar a estas dúas "bravas mulleres" defendo causas tan importantes na formación de todo o noso alumnado como o feminismo, a defensa da lingua, a importancia do rural, ... entre outras.

Hoxe soubemos que o saxofón non foi a primeira escolla como instrumento para Esmeralda, ou que os músicos que van á Arca da Noe ou porque ben lle gustan a ela ou porque son eles mesmos os que queren ir tocar alí... E outras moitas curiosidades que descubrimos sobre elas e que saberedes moi pronto!! 

Noe Vázquez e Esmeralda Marra son dúas das nosas "Mulleres Ilustradas" e nesta entrada do noso blog só queremos facer un pequeno adianto do que serán as emisións completas das gravacións que fixemos hoxe.

Queremos dar as grazas especialmente a Óscar polo agarimo co que fai este traballo que require tanta paciencia con todo nós, á ANPA do noso centro e ao CDR O Viso por invitarnos a embarcarnos tod@s xunt@s neste proxecto tan ilusionante para todo o centro.

En breve, teredes máis novas desta RadioRosalía que acaba de nacer!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario