Páginas
Biblioteca escolar
30/10/24
Merendas terroríficas para @s máis pequen@s do cole!
28/10/24
Pequenos grandes chefs
" Unha receita non ten alma, é o cociñeiro quen ten que darlle alma á receita" Thomas Keller, chef estadunidense
Coa chegada da festividade do Samaín,o alumnado de 6° de Educación Infantil non quixo perder a oportunidade para cociñar un rico biscoito de cabaza. Entre todos, e con moita ilusión e organización, picamos a cabaza, batemos ovos, medimos e pesamos o resto de ingredientes e mesturamos todos ata conseguir unha masa perfecta.
Aínda que o resultado non foi proporcional á ilusión coa que cociñamos, quedámonos coa experiencia e a vivencia de seguir sumando grandes momentos para crear recordos inesquecibles.
24/10/24
Día das Bibliotecas 2024: Por un futuro sostible
“En caso de dúbida, vai á biblioteca.” J.K. Rowling , escritora británica
Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.
A Dirección Xeral do Libro, o Cómic e a Lectura, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2023.
O lema deste ano, "Por un futuro sostible", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais) na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.
A través das súas coleccións, servizos e actividades con usuarios, as bibliotecas contribúen a construír unha sociedade cada vez mellor informada, máis igualitaria, solidaria e xusta, plenamente consciente da necesidade de levar un modo de vida sostible como compromiso coas xeracións futuras.
As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio, lugares que contribúen á formación dunha cidadanía crítica, activa e comprometida. O seu traballo de deseño e planificación de actividades e servizos desenvólvese cunha perspectiva de Axenda 20230 poñendo o foco en que ninguén das nosas comunidades educativas debe quedar atrás.
A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS.
#DíaDasBibliotecas #Por un futuro sostible
https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/1800
22/10/24
Xa chegou o Samaín!!
«Más libros, máis libres». Enrique Tenro Galván, ensaísta, político, sociólogo e xurista español.
Xa temos ao voso dispor a nosa selección de títulos sobre o Samaín!! Non dubidedes en pasarvos pola Biloteca do cole e levarvos un destes libros para unha boa tarde de lectura.
Correde... que voan!!!
19/10/24
Preparamos unha torta riquísima!!!
«A gastronomía é a arte de usar os alimentos para crear felicidade».Theodore Zeldin, profesor universtario británico.
O alumnado de quinto de Ed. Infantil tiñamos moitas ganas de visitar o taller de cociña do noso cole e que mellor oportunidade que elaborar unha riquísima torta de mandarina coa axuda das mamás e que viñeron a botarnos unha man.
O primeiro que fixemos foi elaborar a receita que ibamos facer, fixándonos nos ingredientes que utilizariamos e os utensilios que cociña que ibamos a precisar.
Despois xa só quedaba poñer mans á obra e nun ratiño e coa axuda de todo o persoal de cociña do cole, xa tiñamos preparada o almorzo de media mañá dese día.
E quedounos.... Riquísimo !!!
11/10/24
Normas do préstamo para usuarios da biblioteca
“A biblioteca destinada á educación universal, é máis poderosa que os nosos exércitos.” José de San Martín, militar e político arxentino.
O alumnado que queira realizar un préstamo deberao facer nos recreos establecidos para a súa clase.
Poderán ter o libro durante 15 días; despois deberán devolvelo ou renovalo.
No caso de non facelo non poderán levar outro libro ata pasados 15 días. En caso de perda deberá ser reposto ou abonado.
Grazas pola vosa colaboración.
10/10/24
Almorzos sans: Preparamos unha ricas galletas!!
"Coida o teu corpo. É o único lugar que tes para vivir." Jim Rohn, orador dos EUA
Fomos @s encargad@s de estrear o novo espazo do centro dedicado aos obradoiros de cociña entre outros moitos quefaceres...
Estamos aprendendo a importancia de alimentarse ben e como hai certos "almorzos" que poden ser ben ricos e ben sans, como é o caso destas galletas que preparamos con plátanos e avea. Tivemos que completar todo o proceso, dende esmagar a froita, engadirlle o cereal, darlles forma e colocalas na placa do forno, para que despois Pablo, o cociñeiro do cole nos botara un man (máis ben as dúas) para fornealas e poder probar despois na clase estas riquísimas galletas que preparamos.
Estamos segur@s que esta foi a primeira das moitas veces que seguiremos elaborando e descubrindo alimentos que nos gustan moito e que son bós para a nosa saúde!!
7/10/24
Mais um ano!
Participamos un ano máis no XIII Abraço ao Rio Lima, convidados pola Câmara Municipal de Ponte de Lima e cun programa de actividades para o xoves 10 e o venres 11 onde se inclúen distintos momentos de convivencia co alumnado do centros Educativos de Ponte de Lima e de Arcoçelo. Cremos que este tipo de actividades é moi enriquecedora para o noso alumnado porque lles brinda a oportunidade de coñecer outras realidades do mundo educativo e facer novos vínculos con nenos e nenas da súa idade dun país diferente.
5/10/24
¡Ourense sobre rODaS!
2/10/24
BENQUERER: A nova aposta de Xinzo pola igualdade e o respecto
"Un home só ten dereito a mirar a outro cara abaixo, cando ha de axudarlle a levantarse." Gabriel García Márquez, escritor colombiano.
O Concello de Xinzo de Limia, a través da Concellería de Servizos Sociais e Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres, puxo en marcha BENQUERER: un programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero.
Esta iniciativa do Concello de Xinzo de Limia ten como obxectivo promover a igualdade de xénero e a prevención da violencia de xénero a través da educación nas prácticas e valores de bo trato como modelo alternativo ao maltrato para a construción de vínculos igualitarios. Dende BENQUERER fomentarase a resolución positiva de conflitos, o reparto de tarefas e responsabilidades, o diálogo, a non discriminación e o respecto á diversidade.
O programa inclúe obradoiros dirixidos o público en xeral que complementarán no mes de setembro con actividade nos colexios e institutos de Xinzo coordinadas dende o CIM. Nesta ocasión, foi o alumnado de sexto de Educación Primaria do noso centro o que participou nestes obradoiros.
Este proxecto do Concello de Xinzo de Limia, a través da Concellería de Servizos Sociais e Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.
Ademáis, O programa BENQUERER inclúe tamén a Liña Malva, un servizo de atención continuada a través dunha liña telefónica para a información, asesoramento e primeira atención en situacións de maltrato, relacións, saúde e sexualidade. Un servizo posto a disposición en horario amplo (de 9 a 21h) no 669945220, atendido por profesionais especializadas que brindan escoita, cercanía, confianza, libres de xuízos e facilitando a comunicación e a atención.