Páginas

Biblioteca escolar

3/5/24

Queda sitio na vasoira?

"Un libro é un soño que vostede ten nas súas mans." Neil Gaiman,escritor inglés.

A bruxa vai toda contenta na súa vasoira co seu gato, ata que lle cae o lazo da súa trenza entre as silvas. Aí comeza unha aventura que acabará liando a unha paxara, unha ra, un can e un dragón nunha aventura trepidante e fascinante por terra, por mar e sobre todo, por aire. Este libro é unha mestura de aventuras, risas e nervios nesta historia inesquecible de amizade, monstros e sobre todo, moita maxia! https://www.casadellibro.com/libro-queda-sitio-na-vasoira/9788494634123/12625317

Bruxas, vasoiras e distintos animais... que pode fallar para que esta historia que a nosa nova #PisaCharcas Isabel e Lois trouxeron á nosa Biblioteca Escolar non enganche a tod@s @s súas/seus compañeir@s?? 

Moitas grazas por visitarnos e dramatizar este fermoso conto cheo de misteiros....

No hay comentarios:

Publicar un comentario