"Unha viaxe mídese en amigos, non en millas." Tim Cahill, futbolista australiano.
Os alumnos e alumnas de 5 de Ed. infantil viviron unha xornada inesquecible na cidade de Ourense,onde a historia e a cultura abrollan en cada recuncho. A súa aventura comezou nas Burgas, fonte termal que é a testemuña da rica herdanza romana da cidade. Continuaron visitando a praza de abastos e as múltiples estatuas da rúa do Paseo, reflexo dos oficios da nosa Galicia. A ponte Romana serviu de ponte no tempo levándoos á época dos antigos constructores. A visita das Termas de Outariz foi o colofón dun día cheo de descubrimentos. Xa nas termas, unha comida todos xuntos fortaleceu lazos e preparou aos nosos cativos e cativas para as actividades lúdicas que tiñan preparadas as mestras.
Con sorrisos e novos coñecementos, regresaron a Xinzo, levando consigo recordos que perdurarán moito tempo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario