Páginas

Biblioteca escolar

13/5/24

Diferentes diferenzas

 "Nunca pensamos no excepcional que é o común para diferentes persoas". Eloy Moreno, escritor español

A diferenza como elemento enriquecedor, divertido e dinamizador. Os protagonistas deste libro son diversos e diferentes. Amósannos que empregan as súas características particulares para gozar dunha vida plena e chea de amigos e aventuras. Un elefante de tres patas, un moucho de catro ollos, unha tartaruga sen cuncha ou un libro sen cuberta… cantas cousas diferentes poden facer!

Incluímos dentro da nosa colección Carantoña, para prelectores e primeiros lectores, en letra maiúscula, este delicioso álbum infantil que é un canto á diversidade e mesmo á disfunción. En definitiva, o que nos define como individuos non é o número de pernas, ollos ou vitorias que acumulemos, senón como afrontamos o mundo e a nosa relación cos demais.                https://www.editorialbululu.com/producto/diferentes-diferenzas/

Telma e Inma, a nosa #Pisacharcas, escolleron esta fermosísima historia, gañadora da XIX edición do premio literario Frei Martín Sarmiento na categoría infantil, sobre a importancia de valorar o ser diferentes, un dos valores chave do noso cole. O respecto aos demais, sexan como sexan, e a importancia de poñer en valor cada un dos noso potenciais, distintos aos dos demais, fan de cada un/unha de nós, alguén verdadeiramente especial e único no mundo. Non o esquezades NUNCA!!

Tod@s @s compañeir@s de Telma levaron un agasallo moi especial e que sempre lles recorda esta fantástica mañá que pasaron xunt@s!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario