“A fotografía é o medio adecuado para recrear o agora, o mundo vivo dos nosos días.” Berenice Abbott, fotógrafa estadounidense.
Seguen a achegarse ata o noso centro as Mulleres da Limia que serán as protagonistas do libro que publicaremos en colaboración coa ANPA do noso cole e o CDR O Viso.
Desta volta foi Mati, a eterna fotógrafa de Xinzo de Limia, que non temos ningunha dúbida que é unha muller brava que sorteou diferentes obstáculos na súa traxectoria como muller emprendedora e empresaria, como o idioma na emigración, a crianza e a posta en marcha do que foi o seu negocio e forma de vida, totalmente soa.
De entre todos os retratos que o alumnado de sexto B preparou para ela, Mati foi a que escolleu o que aparecerá próximamente na nosa publicación.
Referentes como Mati son os que pretendemos ensinar ao noso alumnado para que sexan quen de decatarse de que só con esforzo, dedicación e moitos, moitos sacrificios, todo na vida pode saír adiante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario