“A lectura dun bo libro é un diálogo incesante, en que o libro fala, e a alma contesta”.
André Maurois, escritor francés
Daniela soña con ser pirata no Caimán Negro. Pero Orejacortada e os seus piratas non parecen moi contentos coa idea. Daniela terá que pasar difíciles probas. Pero, e se estes piratas non queren mozas no seu barco? https://www.casadellibro.com/libro-daniela-pirata/9788417123116/5869815
Lucas e Kenia preséntanos esta historia que rompe cos estereotipos de xénero e que nos serve para educar na igualdade. Transmite o valor de loitar polos nosos soños a pesar do que poidan dicir ou pensar os demais.
Valores que son sinais de identidade do noso centro e que inculcamos no noso alumnado no traballo do día a día.
Segunda visita á nosa Biblioteca Escolar de Kenia. Nós, encantad@s de recibila e agradecerlle este tempo que sempre nos dedica!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario