"Os libros son o avión, o tren e o camiño. Son o destino e a viaxe. Son o fogar." Anna Quindlen, escritora e periodista norteamericana,
Alerta! O mozo Bob, gardián do zoo e encargado de recoller os excrementos de todos os animais, atopou a caca máis estraña do mundo. Brilla con luz propia! Que raro!
Será unha caca extraterrestre? Expertos interesados virán de todos lados para descubrir o que ocorre neste curioso zoo.
Unha nova historia de Steve Smallman, con tradución de Begoña Oro, que ten todos os ingredientes para triunfar: un zoo, unha chea de cacas e textos rimados con moita graza, que pode saír mal? https://www.casadellibro.com/libro-caca-en-el-zoo-bob-espinaca-y-la-maravillosa-caca/9788448861032/12884055
Que historia tan curiosa e tan distinta! Mauro e Kenia foron quen de levar a tod@s @s compañeir@s da súa clase ata este zoo tan particular e resolver todos os misterios que este conto ten. E levaron "atrezzo" para tod@s!! Non o poideron pasar mellor!!!
Moitas grazas os dous por enrolarse nesta nosa tripulación de PisaCharcas do noso cole. Seguro que hai segunda parte!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario