"A tradición non se herda, conquístase." André Malraux (1901-1976) Novelista e político francés.
#Tradición #Respecto #Sentimento son os valores que a Asociación A Pantalla ten como finalidade transmitir e facer perdurar no tempo, porque como el@s din: #OQueNonSeEsqueceNonMorre. Leticia e Lourdes, membros da Asociación, coa inestimable axuda de Carla (da que son tía e nai) foron quen de comunicar ao alumnado de Educación Infantil todos eses valores e o importante que é coñecer como vestir e como levar o noso máis emblemático traxe.
Estamos segur@s que cada neno e cada nena que asistiron con tanta atención e ilusión a todas estas fermosas explicacións que elas hoxe nos deron, serán o día de maña elos moi fortes desa gran cadea dos nosos Bens de Interese Cultural do Patrimonio Inmaterial, dos que xa forma parte con todo merecemento o noso Entroido e como non … a nosa Pantalla!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario