"El cambio constante no supone la aceptación de todas las vanguardias, sólo es una investigación y una ruptura por el arte conservador". Xaime Quessada
Despois de todo o curso traballando sobre este grandísimo artista ourensán, o noso alumnado de 2º EP C, tivo a oportunidade de visitar a FUNDACIÓN XAIME QUESADA BLANCO e coñecer de primeira man todo o legado que Xaime Quesada deixou para o deleite de todos nós, así como levar a cabo un taller relacionado coa mesma.
Esta Fundación foi creada no ano 2007 para manter a memoria e a obra dos pintores, Xaime Quessada Porto e Xaime Quesada Blanco e entre os seus obxectivos figuran preserva-lo patrimonio artístico dos dous autores e a súa unidade como parte do patrimonio desta fundación, e que formará parte do patrimonio artístico de Galicia; fomenta-lo coñecemento da súa obra pictórica e escultórica e preserva-la súa memoria artística dentro da Historia da Arte Contemporánea de Galicia, promove-la proxección didáctica e historiográfica desta obra e a súa aplicación nos programas de estudios de diferentes niveis educativos e suministrar todo tipo de información historiográfica e didáctica sobre calquera tema relacionado coa obra de Xaime Quesada Blanco e Jaime Quesada Porto.
Despois desta interesantísima actividade, o noso alumnado achegouse ata o Centro Cultural Marcos Varcárcel en Ourense, onde visitaron “NO INTERIOR DO ABANDONO", de Carlos Lorenzo e Baldo Ramos, unha exposición fotográfica e poética que é unha viaxe visual polas aldeas do rural galego que están a sufrir o despoboamento e a desmemoria. Os lugares que somos. Os lugares que nos definen como pobo.
Non temos a máis mínima dúbida que entre as nenas e nenos que hoxe participaron nestas actividades estarán, a ben seguro, algún das grandes artistas do día de mañá!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario