"Os libros son as abellas que levan o pole dunha intelixencia a outra.“
James Russell Lowell poeta, crítico, editor e diplomático estadounidense.
Apípolis sitúase nunha leira de 10.000 m2- É un centro para a comprensión das relacións existentes entre os seres humanos e as abellas, que se encadra dentro dos Equipamentos para a Educación Ambiental. Pretende facilitar o achegamento a determinados procesos naturais, posibilitando que os visitantes poidan vincular as súas vivencias cotiás a eles, así como ás problemáticas que lles afectan.
O seu obxectivo principal é mostrar, mediante as relacións entre as abellas e os seres humanos, a importancia que estas teñen para nós e para o medio no que nos desenvolvemos. Para conseguilo deseñan unha exposición chea de elementos atractivos, ata 34 diferentes actividades encamiñadas a reforzar as mensaxes que se transmiten, ademais de programas de autoavaliación, multicarteles, abellas en colmeas que permiten a súa detallada observación, maquetas, reprodución de escenas a tamaño real, vídeos, un completo apiario, un xardín melífero, zonas de esparexemento…
Un día moi productivo para o noso alumnado de segundo de EP, onde coñeceron moito mellor todo o que rodea o fascinante mundo destas esforzadas traballadoras e grandes protagonistas do mantemento dun ecosistema equilibrado!
No hay comentarios:
Publicar un comentario