“Mientras tanto la lancha se alejaba cada vez más de tierra sin perderla de vista. Las islas Cíes nos esperaban en medio del océano, y destacándose en el fondo azul del cielo como tres mudos gigantes, guardadores de la apacible ría que visitábamos."
Manuel Murguía. El Heraldo Gallego: semanario de ciencias, artes y literatura. 23 de julio de 1874
O día 5 de Xuño tivemos a excursión de fin de curso co alumnado de 3º de Ed. Primaria visitamos o Parque Nacional Atlántico marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, concretamente a Illa de Monteagudo (a do Norte) e a Illa do Faro, unidas pola praia de Rodas e a “lagoa dos Nenos”.
Estas illas foron nomeadas polos romanos como “Illas dos Deuses” debido a ser un paraíso natural impresionante e nós tivemos a sorte de podelas pisar ben forte.
Puidemos desfrutar de todas as especies botánicas que vimos no percorrido a través do Roteiro I que pasa arredor do cámping , tamén preto da Praia de Nosa Señora e sube ata o Faro da Porta.
Vimos moitas especies mariñas que dúas monitoras se encargaban de recoñecer e que nos animaban a observar contándonos todo sobre a súa especie, modo de vida ....sempre adornadas con historias feiticeiras. Observamos as aves, as furnas, os cantís...Un entorno extraordinario!
Rematamos a viaxe probando a mergullar os pés na auga cristalina e xélida do Atlántico na praia de Rodas ,a máis grande das Illas, para logo facer a viaxe de volta no catamarán ata Vigo. Foi o colofón dunha ansiada visita na que tivemos a grande sorte de contar cun tempo atmosférico magnífico. Estamos ansiosos/as de que chegue a excursión do ano vindeiro!
No hay comentarios:
Publicar un comentario