Cando tod@s son incluídos, tod@s gañan.- Jesse Louis Jackson (8 de outubro de 1941). Activista estadounidense polos dereitos civís.
Nun contexto onde a superación das desigualdades sociais é xustamente a base na que se fundamenta a articulación dunha economía social, desde Afundación lanzamos un programa presencial para os centros de toda Galicia co que, a través de diferentes actividades culturais, escolares de toda Galicia participarán do valor da diversidade como elemento de enriquecemento social e persoal.
É importantísimo que os nenos e nenas vexan desde a súa infancia que a diversidade funcional non é unha fronteira, senón unha invitación para comunicarse, a aprender e a crecer. Por iso, levar estas actividades aos centros supón unha evolución lóxica do noso compromiso coa cultura e coa sensibilidade social.
É de vital importancia normalizar o papel das persoas con diversidade funcional na sociedade, poñer en valor a diversidade como elemento de enriquecemento social e persoal, educar en valores: esforzo, empatía, aceptación da diferenza, autoestima, respecto, ..., mellorar a sensibilidade afectiva e emocional, favorecer unha sociedade equitativa, xusta e diversa, facilitar o establecemento de relacións interpersoais, achegar a creación artística en diferentes formatos desde unha vertente práctica. e fomentar a creatividade.
Nesta actividade, CIRCUITO CIRCENSE, nun espazo amplo crean o seu propio circo. Colocaron un circuíto con diferentes estacións nas que o noso alumnado tivo que realizar actividades de equilibrio, puntería e acrosport. As actividades circenses destacan polo seu carácter innovador e motivador. Fomenta valores educativos como a mellora da convivencia, a cooperación, o aumento da autoestima persoal e grupal, o coñecemento e control do propio corpo e a superación de límites.
TODAS E TODOS CONTAMOS nace para converterse nun referente de boas prácticas aliñado cos valores de sensibilización social no marco dos centros escolares.
O seu desenvolvemento leva a cabo en colaboración coa Fundación Igualarte dedicada a traballar en favor do colectivo de persoas con diversidade funcional e a súa inclusión.
É imprescindible sensibilizar e dar exemplo poñendo en marcha iniciativas que poñan en valor a diversidade como elemento de enriquecemento social e persoal, e este programa nace nese marco como unha iniciativa pioneira, innovadora e completa, que se converte nunha achega creativa ao devandito obxectivo.
VARIADO é unha empresa de lecer e tempo libre que presenta unha oferta de animación diferente e exclusiva, onde o punto para destacar é a inclusión real. Isto é así porque o equipo está formado por artistas e auxiliares de monitores/as de lecer e tempo libre con diversidade funcional.
El@s entenden a arte como un dereito que pertence a tod@s, que axuda a coñecerse e explorarse desde novas facetas, sempre desde unha perspectiva lúdica, servindo de motor para o desenvolvemento de experiencias sensoriais, físicas e emocionais.
Así mesmo, cren firmemente na importancia do contacto co medio que nos rodea, facendo chegar esa esencia en todo o seu traballo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario