Páginas

Biblioteca escolar

9/3/23

"O traballo en grupo é esencial para acadar a victoria" Carlos Canal Blanco.

Como é un día de entrenamento? Como te coidas física e mentalmente? A que che gustaría dedicarte de non se ciclista? Que recordas da túa primeira bici? Como te sintes levando a Xinzo e a Galicia polo mundo?

Estas e outras moitas preguntas foron as que o noso alumnado de terceiro e cuarto de EP lle fixeron  a Carlos Canal Blanco,  rosaliano dos pés á cabeza e ciclista profesional do equipo EUSKALTEL-EUSKADI (UCI PRO TEAM), que xa ten participado, a pesar da súa xuventude, en La Vuelta Ciclista a España, en a Volta Ciclista a Catalunya, no Gran Camiño (Volta Ciclista a Galicia) e en innumerables competicións e probas clásicas nacionais e internacionais onde xa ten acadado brillantes resultados.

Hoxe tivemos a gran sorte de poder contar con Carlos no noso cole e el foi o encargado de contestar a todas as cuestións propostas polas nosas nenas e nenos cun gran agarimo e complicidade con tod@s el@s. 

Ademáis, contoulles unha gran cantidade de curiosidades que están ao redor do ciclismo profesional. Díxolles que  a ciencia xoga un papel fundamental no seu deporte, dende o deseño das propias bicicletas ata o tipo de alimentación que levaban, entre outras moitas cousas.

Comentou que o "grupo" era esencial para acadar a victoria, que a victoria dun membro do equipo era a de todos. Tanto é así, que os premios económicos logrados por cada compeñente do seu equipo repártense entre todos eles.

Carlos é, sen dúbida, un claro exemplo do triunfo do esforzo e do empeño naqueles retos cos que podemos soñar. Que o traballo e a dedicación ao que a un máis lle gusta sempre ten como resultado acadar as metas que nos propoñamos. 

E para nós é un orgullo poder pensar que o seu paso polo noso cole contribuiu dalgún xeito á súa exitosa carreira como ciclista profesional,  pero sobre todo, a ser a excelente persoa que hoxe é! 

Moitas grazas, Carlos, pola túa visita e por compartir estes momentos con tod@s nós!



No hay comentarios:

Publicar un comentario