Segundo a súa propia web (https://www.inspiring-girls.es/), "Inspiring Girls é unha fundación que persegue aumentar as aspiracións das novas e nenas poñéndoas en contacto con mulleres inspiradoras que lles sirvan de exemplo e referente.
Achegamos ás nenas á gran variedade de traballos e profesións que existen, de forma que se convenzan de que poden ser o que queiran ser.
E iso facémolo dunha maneira sinxela pero eficaz: conectamos ás nenas con mulleres inspiradoras, que comparten con elas as súas experiencias persoais e profesionais, e convértense nas referentes que non teñen. Traballamos con nenas porque sabemos que as nenas experimentan unha perda do 30% da súa confianza en si mesmas entre as idades de 8 a 14anos. E que un asombroso 67% das mozas cren que non teñen as mesmas oportunidades profesionais que os mozos.
Sabemos que o noso traballo xera un impacto positivo. Polas nosas investigacións levadas a cabo sobre máis de 300 nenas participantes nos nosos programas en 2020 comprobamos que as sesións inspiradoras de Inspiring Girls “amplían as mentes das nenas, reducen os estereotipos e disparan as súas expectativas de éxito”.
Desta volta o alumnado de terceiro de Ed. primaria contou coa visita a través dunha videoconferencia coa doutoura enxeñeira industrial e enxeñeira de telecomunicacións, Patricia Maestre Esteban, que actualmente desenrola a súa tarefa profesional na compañía internacional GMV empresa punteira no seu campo de traballo.
Patricia compartiu co noso alumnado a súa traxectoria profesional existosa, facendo fincapé en que todo o mundo, homes e mulleres, poden acadar os seus retos que lle parecesen máis inalcanzables a base de "talento, constancia e esforzo". O propio desafío, a curiosidade, as ganas de innovar e a pasión que lle poñamos no noso traballo serán os nosos únicos límites. Foron moitas as notas que tomaron de toda a información que ela lles transmitiu, o que demostra o grao de motivación e interese que o noso alumnado amosa por este tipo de actividades!
"O éxito é a suma dos esforzos de todos os días", remarcou a doutora Maestre na súa conversa co noso alumnado, converténdose para todos eles, e sobre todo elas, nun exemplo a seguir e a imitar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario