O pasado xoves, 26 de xaneiro, o noso centro tomou parte no Campionato Comarcal da Limia de Campo a Través nas instalacións do Hipódromo de Antela no concello de Sandiás..
Máis de trinta nenas e nenos de distintas idades participaron nesta xornada englobada no calendario do programa XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.
Alumnado de distintos centros da comarca conviviron nesta xornada de deporte escolar, favorecendo así os moitos vaores que a actividade física trae consigo.
Independentemente dos resultados acadados, podemos concluir que foi unha xornada única que est@s nos@s deportistas tardarán en esquecer!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario