Páginas

Biblioteca escolar

16/11/22

NIN UNHA PINGA DE VIOLENCIA MÁIS

Dende o equipo de Biblioteca queremos aportar a nosa "pinga" para concienciarnos da necesidade de loitar por un mundo de igualdade no que NON TEÑAMOS QUE FALAR DE VIOLENCIA DE NINGÚN TIPO" A nosa proposta para traballar na semana que remata no venres 25 N e a seguinte que podedes visualizar no enlace a CANVA:

ENLACE A PROPOSTA



13/11/22

Tempo de castañas... e de xogos!

Celebramos un ano máis o tradicional magosto no noso cole. Organizamos unha mañá de xogos populares (o pano, leva a xastaña, a pita cega, ... ) para o alumnado de Educación Infantil e os tres primeiros cursos de Educación Primaria.

@s "maiores" do cole fixeron unha andaina dende o pobo de Farmontaos ata a presa. Un fermoso paseo que, sen dúbida, abriulles o apetito!

Logo, chegou para tod@s o tempo de castañas e bolos preñados para rematar esta festa tan especial dentro do noso calendario escolar.

Agradecer ao Concello de Xinzo de Limia e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil á súa grande colaboración para poder festexar esta data. 

Moitas grazas!!!





6/11/22

Visitamos a exposición LA PALMA. VOLCÁN E VIDA en Ourense

No pasado mes de outubro o noso alumnado de sexto de Ed. Primaria visitou a exposición "La Palma. Volcán e Vida" dentro do programa de actividades para escolares de Afundación.
"Un total de 45 imaxes do fotógrafo palmeiro Abián San Gil, xunto con textos da poeta palmeira Elsa López, o chef José Andrés, o xornalista de viaxes Ander Izaguirre e o escritor de natureza Gabi Martínez conforman esta espectacular exposición sobre o fenómeno natural e as súas repercusións na comunidade palmeira. A psicóloga Belén Colomina tamén participa cun relato no que narra os conceptos fundamentais que conducen ao ser humano á superación do drama, á procura de novos escenarios de vida, e á importancia de realizar esta aprendizaxe en comunidade e da man da natureza."
Está exposición complementase cun obradoiro que engloba actividades de programación e de de realidade virtual, que foron moi ben recibidas por todo o noso alumnado.
Para rematar, fixeron unha visita ao centro de Ourense, poidendo observar e aprender un pouquiño sobre o arte urbán tan presente nas rúas da cidade das Burgas.